O BNG censura que Fomento manteña o trazado sur para o aceso ferroviario ao porto exterior

O BNG censura que Fomento manteña o trazado sur para o aceso ferroviario ao porto exterior

 

Ferrol 3 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego censura o inmobilismo do Ministerio de Fomento do goberno de España que se nega a reconsiderar a elección do trazado sur para dotar de enlace ferroviario ao porto exterior de Ferrol. Así o Goberno central nunha resposta parlamentar ao BNG na que se reafirma na alternativa Sur como a máis adecuada para este enlace ferroviario ao porto exterior ademais de considerar este trazado como “ambientalmente viable”.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reitera que o trazado sur, alternativa que defende Fomento e o goberno municipal do PP en Ferrol, só vai aumentar a degradación da ría e da enseada da Malata, que soporta un sector importante na cidade como é o relativo ao marisqueo. Indicou, así mesmo, que o trazado sur é unha alternativa que se escolleu unicamente por un criterio económico, que ten unha dubidosa racionalización en base ao propio estudo informativo, e que o impacto que vai ter sobre a degradación da ría e da enseada da malata non vai ser mitigado por ningunha medida correctora e menos cando a única que se contempla é unha pasarela peonil que acompañará a este trazado e un viaduto sobre a enseada.

O Goberno central recoñece, en resposta a unha iniciativa do BNG, que a alternativa sur é o trazado máis adecuado en base a criterios ambientais, económicos e funcionais. Asi mesmo, en referéncia, as dúbidas xurdidas desde un ponto de vista medio-ambiental defende as medidas correctoras introducidas no proxecto e avaladas coa formulación da Declaración de Impacto Ambiental.

O Goberno central manifesta na súa resposta que esta información e os motivos da elección do trazado sur foron expostos aos representantes da plataforma que defende o trazado norte na reunión mantida con este colectivo o pasado 8 de xullo.

O BNG lembra, ao fío da presentación dos Orzamentos do Estado para o 2014, que respecto do aceso ferroviario ao porto exterior seguimos coa fase de estudos cunha consignación orzamentaria que sobrepasa en pouco o medio millón de euros, que non cubría o gasto da redacción deste proxecto, e que todavía non ten ningunha concreción respecto de cal é o resultado do concurso que desenvolveu para executar esta infraestrutura e censura que siga obviando as demandas que existen na cidade con respecto da necesidade de desenvolver este aceso mediante a alternativa Norte.

O BNG censura que Fomento manteña o trazado sur para o aceso ferroviario ao porto exterior