O BNG apoia e participa na viaxe en defensa do ferrocarril
Ferrol 12 de abril de 2013. O BNG de Ferrol vai participar mañá na viaxe reivindicativa organizada por Medulio, Adega, e a Plataforma Comarcal en Defensa dos camiños de Ferro para amosar o seu rexeitamento aos planos do Goberno español de reducir e eliminar servizos ferroviarios en Galicia, en particular nas comarcas de Ferrol-Ortegal-A Mariña, FEVE, e no itinerario Ferrol-A Coruña, Renfe, xa que isto vai significar máis discriminación e marxinación económica e social para as nosas comarcas.
o BNG destaca que, respecto dos servizos de Renfe, o Goberno Central pretende a práctica eliminación dos rexionais actuais en nome dunha política de reestructuración e liberalización que, na práctica, significa a desaparición do ferrocarril, quedando en exclusiva o itienrario Ferrol-A Coruña en mans do transporte por estrada.
O BNG cre que non é de recibo que unha área de máis de 500.000 habitantes quede á marxe dun transporte público que cumpre un portante papel social e que podía cumprilo moito máis de terse realizado os investimentos necesarios na infraestrutura, alén de contar con mellor material rodante e o número de frecuencias adecuadas ás necesidades.
O BNG censura que en lugar de optar polo desnvolvemento económico, impulsando o ferrocarril, o Goberno español ve este momento de crise como unha nova oportunidade para empobrecer máis unha comarca dabondo castigada por sucesivas restruuturacións de sectores económicos estratéxicos