FERROL EN COMÚN CLAUDICARÓN DEFINITIVAMENTE DIANTE DO PARTIDO POPULAR E DA PARTE PRIVADA DE EMAFESA
O BNG apoia a manifestación contra os abusos de EMAFESA
Ferrol 17 de outubro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
comunica que apoia e vai secundar a mobilización convocada para o
vindeiro xoves, 18 de outubro, pola Plataforma na Defensa dos Servizos
Públicos, Pola Remunicipalización fronte aos abusos de EMAFESA e diante
das decisións tomadas polo actual goberno municipal, no que Jorge Suárez
e Ferrol en Común claudicarón definitivamente diante do Partido Popular
e da parte privada de EMAFESA, traizoando aos veciños e veciñas de
Ferrol, mantendo a taxa imposta no seu día por Rey Varela e ademáis
facéndolles pagar retroactivamente os 5,5 millóns de euros polo concepto
da taxa de saneamento desde o ano 2015 até marzo de 2017.
O BNG considera que Ferrol en Común e o PP queren cobrarlle aos veciños
e veciñas para ocultar un sistema de depuración anticuado e
custosísismo, a xestión da auga en Ferrol por unha empresa privada e a
responsabilidade da Xunta e o Estado na construcción dun saneamento
pensado en función dos intereses das empresas e non da xente.
Para o BNG resulta indignante comprobar como as únicas medidas que
adoptou o goberno local de Ferrol en Común sexan reclamarlle aos veciños
e veciñas de Ferrol o pago dunha ordenanza cuxos custos non se axustan à
realidade namentras aos responsábeis de entregarnos unha depuradora que
non funcionaba, de impornos uns convenios de usura por un modelo de
saneamento retrógado non se lles esixe ningunha contraprestación nin se
lles devolve a infraestrutura.