O BNG non pode a aspirar a outra cousa que non sexa acadar a alcaldia desta cidade

Ivan R.
Ivan R.

A política é moi sinxela, consiste en tomar decisións e tomar partido, consiste en cortar o touciño un pouquiño máis gordo do lado dos débiles e o resto é demagoxia.

O BNG non pode a aspirar a outra cousa que non sexa acadar a alcaldia desta cidade

Ferrol 15 de setembro de 2018.Iván Rivas, actual portavoz municipal, volverá a ser o candidato do BNG en Ferrol nas eleccións municipais de maio de 2019 tras a proposta da asemblea local e a súa ratificación polo Consello Nacional do BNG.

 

Iván Rivas afirmou que no BNG presentámonos contra os que sempre se poñen do lado dos que teñen o poder ou non queren que nada mude porque no fondo o PP e Ferrol en Común remataron sendo o mesmo. Rey Varela non é máis que Jorge Suárez con americana.

 

Rivas indicou que se presenta para quitarlles dunha vez a careta a estes personaxes porque alguén terá que pararlle os pés ao Partido Popular e a Ferrol en Común de Ferrol Vello que parece aquelo unha ruina permanente a pesar dos anuncios que parece que en época electoral se reproducen como as esporas. Para pararlle os pés ao Partido Popular e a Ferrol en Común da taxa de saneamento e da depuradora que non podía funcionar e responsabilizaron aos veciños e veciñas desta cidade desa infraestrutura, para pararlle os pés a aqueles que asinan convenios nominativos co Racing de Ferrol, coa Semana sSanta, con Exponav, con quen sexa con tal de manter a situación como esta e as condicións de transparencia e equidade na que todas as asociacións desta cidade poidan participar non existan nin por asomo.

 

Presentámonos para rematar coa tolerancia co Ministerio de Fomento, co ADIF, que sigue tendo espazos desta cidade como o barrio de Santa Mariña no que manten un muro de contención que calquera día vai a provocar danos personais e que parece que ninguén quere pararlle os pes e poñerlle as sancions oportunas para evitar que esta situación se volva a repetir no seguinte mandato. Contra os pactos co Ministerio de Defensa mantendo convenios como o asinado con este Ministerio polo que os ferroláns pagamos un diñeiro que non serviu nada mais que para fecerse cargo de propiedades que estan en ruina e que permanencen abandonadas por parte do estado e aos que  ninguén lles esixe ningún tipo de compensacion económica nin doutro tipo pese a que non se lles está a cobrar nin un só euro pola ocupación de máis do 20% do solo urbano deste concello.

 

O candidato do BNG dixo ir contra a privatización dos servizos básicos desta cidade como é o lixo ou como é a electricidade e contra os anuncios electorais dos que agardo que nesta campaña electoral non nos veñan a prometer unha praga de estatuiñas ao longo das rúa ferroláns como aconteceu na anterior.

 

Rivas concluiu afirmado que a realidade é que Ferrol so ten unha alternativa e esa é a alternativa real é a do Bloque Nacionalista Galego e esta cidade deberá decidir se a toma ou a deixa o resto non é mais que o mesmo con diferentes matices pero creo que despois de catro anos de maioria absoluta do Partido Popular e catro anos de goberno de Ferrol en Común isto é xa unha evidencia.