Francisco Jorquera participa nun acto público en Ferrol sobre a necesidade de soberanía para Galiza

Francisco Jorquera participa nun acto público en Ferrol sobre a necesidade de soberanía para Galiza

 

Ferrol 12 de xulo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol convocou mañá, sábado 13 de xullo, às 11:30 horas unha charla coloquio na Galería Sargadelos baixo o título “A necesidade de soberanía para Galiza.

Este acto contará coa participación de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Parlamento Galego, e do portavoz municipal na cidade, Iván Rivas.

Este acto, emarcado nos actos da campaña do Diá da Pátria, tenta explicar como incide na nosa vida cotiá que Galiza non conte con soberanía para decidir por si mesma e cal sería o futuro desta cidade e de Galiza se como galegos e galegas tivesemos capacidade para decidir por nós mesmos sobre os nosos sectores produtivos e infraestruturas e así mesmo como sería se contasemos cun sistema financeiro propio.

Nunha cidade na que a taxa de paro supera o 32% e na que só traballa un 1/3 da súa poboación produto da emigración e avellentamento da poboación das últimas décadas, é evidente que a situación non é consecuencia do actual momento económico.

Por esta razón preguntámonos

Porqué non se elimina o veto político que pesa sobre os estaleiros da ría e se permite o acceso destes a calquera catividade relacionada con eles( civil, militar, reparacións, offshore) e a diversificación a outras areas (turbinas, motores, sistemas)?

Porqué o saneamento integral da ría segue sen desenvolverse, acentuándose cada vez máis o estado de degradación desta con graves consecuencias medioambientais para o noso entorno e impedindo o desenvolvemento dos sector marisqueiro?

Porqué este concello non recibe ningún tipo de compensación económica pola ocupación de máis do 20% de solo urbano do concello por parte do estado, o que supón un grave problema estrutural de ingresos?

Porqué existe unha planificación para o desmantelamento das infraestruturas ferroviarias na cidade, no canto de desenvolvelas e renovalas para adecualas as necesidades sociais e económicas da cidade e vertebrar o noso territorio?

Para dar resposta a estas preguntas e comprender que significa ter capacidade de decisión e as as consecuencias que suporían na nosa realidade cotiá abordaremos estes temas e as alternativas políticas que podan permitir que albisquemos un futuro digno para poder vivir e traballar na nosa terra.