O BNG pide explicacións ao Alcalde polas advertencias do secretario na contratación das festas

O BNG pide explicacións ao Alcalde polas advertencias do secretario na contratación das festas

 

Ferrol 20 de setembro de 2013. O BNG sinala ao respecto do informe emitido pola secretaría municipal respecto do proceso de contratación das festas do Concello que o Alcalde desta cidade debería dar conta  e respostar ás advertencias suxeridas nese informe co fin de clarificar as cuestións alí referidas.

O  BNG rexeita o desenvolvemento dun proceso que non fai máis que consolidar para os próximos anos a exclusión da cultura galega e as expresións artísticas vehiculizadas en galego dos eventos vinculados ás festas da cidade durante os próximos dous anos.

Un feito preocupante polo que significa de negación do propio e do País, pero tamén pola falta de apoio ás artes escénicas e musicais de Galiza é tamén a falta de apoio á creación de riqueza que reverte neste País, e que mediante este proceso de contratación pretende minusvalorar a nosa produción artística co obxectivo de anular a nosa capacidade de expresión propia.

O BNG pide explicacións ao Alcalde polas advertencias do secretario na contratación das festas