O BNG insta a Mato a facer pública a súa proposta de zona de baixas emisións.

Iván Rivas Rico
Iván Rivas Rico
Iván Rivas, portavoz do BNG, considera que existen alternativas que evitarían ter que impoñer unha nova taxa aos veciños e veciñas da cidade e lembrou a proposta nacionalista da peonalización integral do barrio da Madalena co obxectivo de recuperar as rúas par a xente e aproveitar esta medida para dotar a cidade dunha zona de baixas emisións 
O BNG insta a Mato a facer pública a súa proposta de zona de baixas emisións.

Ferrol 28 de outubo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol exixiu esta mañá ao alcalde da cidade, o socialista Anngel Mato, que faga pública a proposta do goberno local para cumprir coa obrigatoriedade de que Ferrol conte cunha zona de baixas emisións o 1 de xaneiro tal e como fixa a lei de cambio climático e transición enerxética.

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, considera preocupante a pasividade do goberno municipal que expón á cidade a ser sancionada. Ademais sinalou que existen alternativas que evitarían ter que impoñer unha nova taxa aos veciños e veciñas da cidade e lembrou a proposta nacionalista da peonalización integral do barrio da Madalena co obxectivo de recuperar as rúas par a xente e aproveitar esta medida para dotar a cidade dunha zona de baixas emisións sen ter que impoñer un novo tributo nen obrigar a xente a dispor dun vehículo eléctrico.

O BNG lembra que a Lei 7/2021 de cambio climático e transición enerxética impón aos concellos de máis de 50.000 habitantes a obriga da redacción dun PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel) con medidas que reduzan as emisións de gases derivados da mobilidade. Entre esas medidas ten que estar, como mínimo, o estabelecemento de Zonas de Baixas Emisións antes de 2023.

Ademais, o 19 de Novembro de 2021 publicáronse, as Directrices para a creación de zonas de baixas emisións determinando dúas alternativas: Prohibir entrar e circular aos vehículos sen distintivo ambiental CERO, ECO e C. ou estabelecer unha Peaxe urbana, cobrar por entrar, circular e estacionar en certas zonas das cidades.

Iván Rivas lembra que na NOSA cidade a superficie destinada aos vehículos ocupa un 68% do espazo total dispoñible nas rúas, e tan só o 32% ao tránsito peonil, segundo os datos do Plan MOB, tamén que o camiño cara a recuperar as rúas para as persoas é un percurso inexorable que cidades como Pontevedra levan anos recorrendo e que Ferrol é incapaz de iniciar.

O BNG considera que fronte a un modelo baseado na penalización, o de pagar por acceder a determinadas zonas ou pagar por adquirir un vehículo eco, existe o modelo de promover a redución dos tráficos innecesarios para o funcionamento da cidade, que trae consigo outras vantaxes como a ampliación do espazo público para as persoas, a redución da sinistralidade e mesmo que facilita a autonomía dos menores.

O BNG insta a Mato a facer pública a súa proposta de zona de baixas emisións.