O BNG esixe ao Goberno Local máis atención para Santa Mariña

O BNG esixe ao Goberno Local máis atención para Santa Mariña

 

Ferrol 31 de marzo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta a falla de preocupación do goberno municipal pola situación do barrio de Santa Mariña e esixen ao goberno local que resolva inmediatamente os continuos problemas que sofren os veciños do lugar do Loureiro e O Casquido polos escorrementos de terra para a vía de FEVE e o deficiente estado das barandillas e escaleiras da pasarela peonil sobre as vías e pedindo melloras para a rúa Cardosas.

O BNG considera que existen zonas deste barrio que están a pedir con urxencia unha actuación de urbanización que vaia máis alá do simple rebacheo como poderían ser as rúas casal dos ovos e no Camiño do tiro, así mesmo piden o arranxo das beirarrúas na Avenida de Santa Mariña, a mellora da sinalización víal na zona para prever accidentes, melloras no pavillón deportivo e que se acometan labores de desbroce e limpeza.

O BNG ven reclamando do goberno municipal que proceda a actuar con urxencia nas zona de Santa Mariña máis deterioradas e indica que existen zonas do barrio

cuxo estado actúal é bastante perigoso, como o caso do lugar dos loureiros, xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril. De feito estanse a producir incidentes con veiculos que circulan pola mesma e que se ven afectados polo ma estado do firme así como de peóns que alertan da elevada perigosidade que supón para eles circular por esta zona.

O BNG demanda que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que o concello debería solicitar xa ao ministerio de Fomento (por ser zona de servidume das vías do ferrocarril) a execución desta obra de carácter urxente polo risco de corrementos de terra e desmontes que poñen en perigo o transito pola mesma. que se proceda tamén a acometer obras de rebacheo nas diferentes rúas do barrio deterioradas pola presenza de fochas.

Así mesmo, desde o BNG, solicitan que se xestione a mellora da seguridade na ponte peonil que cruza as vías e que une Santa Mariña co Ensanche xa debido ao seu estado de deterioro e que incluso faltan pasamáns.