Rey Varela limita o público nos plenos pero abre as portas para os actos da constitución
Ferrol 2 de decembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou esta mañá ao alcalde da cidade, Jose Manuel Rey, de actuar con doble vara de medir à hora de permitir a entrada de público no salón de plenos, cando se trata dunha sesión plenaria ou cando se trata dun acto protocolario e esixiu do rexidor que nos actos do Día da Constitución aplique os mesmos criterios técnicos que limitan en 70 persoas o aforo desta sala municipal.
Para o BNG, Jose Manuel Rey, actúa de modo incoherente ao xustificar a implementación das medidas restritivas de control de aceso aos plenos, baseadas en supostos informes técnicos do departamento municipal de Urbanismo de cara a garantir as medidas de seguridade e evacuación do edificio e agora nun acto protocolario decreta a entrada libre no mesmo salón de Plenos.
À vista desta forma de actuar resulta evidente o carácter antidemocrático e totalmente arbitrario das medidas adoptadas polo Goberno Local de Ferrol que só buscan reducir a participación da sociedade nos plenos e alonxar e limitar a participación dos veciños e veciñas na vida política da cidade.
O BNG esíxelle explicacións ao alcalde da cidade de como é posíbel que desde a alcaldía se cursen máis medio milleiro de invitacións para un acto que se celebrará no salón de plenos municipal, onde o propio alcalde estabeleceu que só ten capacidade para 70 persoas. Como é posíbel que para unha sesión plenaria so se poidan cursar 50 invitacións e 10 persoas de aceso libre e para este acto protocolario e innecesario se invite a asistir a máis de 600 persoas, ademais de que non serán identificadas à entrada e se permitirá que algúns deles poidan aparcar cos seus vehículos na praza de Armas.
Resulta evidente que este Goberno Local esta a afondar nos obxectivos que procura desde o inicio do mandato que pretenden evitar o debate político e ocultarllo a sociedade, primeiro limitando o numero de mocións e despois limitando o aforo ao pleno municipal en base a un suposto informe técnico e por último coartando a liberdade dos veciños e veciñas desta cidade para poder asistir a celebración do acto público como é o pleno municipal impedíndolles na practica a súa presenza ao limitar a 10 prazas de libre acceso ao aforo, considerar aos medios de comunicación como público e condicionar a presenza do resto de asistentes ao pleno a relación cun partido político e en función da súa representación institucional, do que vai facer que dos 60 veciños que poidan asistir as sesións plenarias 26 serán convidados do Partido Popular, e mentras en actos sen trascendencia ningunha se opta por dar entrada libre.
O BNG non participará nestes actos que pretenden eensalzar un documento xuridico que xa rexeitamoe en 1978 e que nega as nacións que conforman o estado que consagra a xerarquía duns pobos sobre outros e que coa modificaciónn do artigo 135 define o pago da dábeda como prioritario por encima de calquer outra necesidade como as pensións, as prestacións por desemprego ou a sanidade pública.