A nova taxa de saneamento ou como FeC claudicou diante dos intereses do PP e de Emafesa

101_3552
recollida de sinaturas contra a taxa de saneamento de FeC e o PP
A nova taxa de saneamento ou como FeC claudicou diante dos intereses do PP e de Emafesa

Ferrol 27 de novembro de 2018. Para o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol o goberno loca de Ferrol, no día de hoxe, ven de claudicar definitivamente diante dos intereses do PP e de Emafesa.

 

Despois de recuperar a taxa do PP de 2014 no mes de novembro de 2017 de maneira integra hoxe Ferrol en Común achegou unha proposta identica a entregada aos grupos en abril deste mesmo ano.

 

Ferrol en Común fai causa propia da herdanza de Rey Varela e do convenio que este deixou asinado co Ministerio de Fomento no que se obriga aos ferroláns a pagar por unhas obras declaradas de interese xeral.

 

O refrendo do convenio asinado por Rey Varela vai supoñer que Ferrol pague o 25% das obras, mentres que o Estado non vai poñer un só euro e a Xunta unha cantidade fixa.

 

Mentres os ferrolans temos que asumir todo o desastre destas obras sin comelo nin bebelo , apesar de non ter responsabilidade ningunha, nin nos retrasos, nin nos custes nin no modelo escollido de depuración e as súas obras.

 

A proposta ademais insiste no obxectivo de convertir as taxas en tarifas o que da vía libre as concesionarias para imputar nos recibos dos veciños e veciñas o que elas consideren oportuno.

 

E demostra que desde o inicio alguén decidiu nesta cidade que os veciños e veciñas de Ferrol teñan que asumir un importe próximo aos 2,5 millóns de euros ao ano polo servizo de depuración.

 

A realidade é que :

 

O Partido Popular propuxo para a depuración un importe de 2,479 millóns de euros no que se incluian as obras dos interceptores, o 6% de beneficio industrial e as obras do saneamento do rural que nunca se fixeron.

En novembro de 2016 EMAFESA propuxo un importe de 2,659 millóns de euros e en maio de 2017 o goberno municipal axustou este importe aos 2,505 millóns de euros.

 

A proposta final estabelece os custes en 2,376 millóns de euros ano a pesar de basearse en hipóteses, en contratos ou convenios que non existen ou que están caducados.

O informe de Eudita, sobre o que se basea a taxa, recorre ao PEC como documento de referencia a pesar de estar caducado e sen facer, en ningún momento, mención a este dato. Do mesmo modo, asume de modo acrítico a 2ª addenda do convenio con ACUAES que nos obriga a pagar o 25% das obras dos interceptores sen que estea aprobado polo pleno e afirma que Emafesa non lle achegou a información precisa para elaborar estes cálculos e que isto podería alterar substancialmente os importes.

A nova taxa de saneamento ou como FeC claudicou diante dos intereses do PP e de Emafesa