Iván Rivas e Néstor Rego afirman que só un goberno do BNG colocará a Ferrol no mapa das infraestruturas ferroviarias.
Ferrol 23 de maio de 2023. Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, asegurou está mañá nun acto na estación de ferrocarril xunto ao Deputado, Néstor Rego, que Ferrol só terá uns servizos ferroviarios dignos e se acometerá a renovación das infraestruturas ferroviarias da cidade se o próximo goberno local esta liderado polo BNG.
Iván Rivas, candidato do BNG, asegurou que esta cidade non pode permitirse seguir perdendo oportunidades para a mellora do transporte por ferrocarril que lle permitan sair do seu illamento e para iso é fundamental que o próximo goberno local estea liderado polo BNG así como que no Congreso dos Deputados a presenza do BNG sexa o mais importante posíbel para poder facer efectiva a renovación das infraestruturas ferroviarias de Ferrol.
Iván Rivas, candidato do BNG, indicou que todas somos conscientes de que nunha cidade como Ferrol hai persoas que nalgunha ocasión tiveron renunciar a un posto de traballo en cidades próximas como A Coruña ou Santiago polos custes que lles supuña ter que desprazarse de maneira constante e diaria a esas urbes do noso pais
Rivas lembrou a situación que levamos vividona cidade durante décadas: cunha liña ferroviaria dunha única vía, sen electrificar, cunhas viaxes á cidade da Coruña que rondan a hora e vinte minutos e sen apenas frecuencias e achacou esta situación dependencia absoluta das decisións que se toman na centralidade do Estado.
Ademais lembrou que hai máis de dez anos existiu consignación orzamentaria para renovar as infraestruturas ferroviarias da cidade na súa conexión coa cidade da Coruña duplicando a vía, construíndo o bypass de Betanzos e a súa electrificación produto da insistencia do BNG no Congreso, pero foi un goberno local, naquel momento do PSOE, que gardou nun caixón ese proxecto e ademais con posterioridade que existiu un goberno de maioría absoluta no Estado, na Xunta e no concello de Ferrol dirixidos polo PP que o único que se desenvolveron foron promesas que en ningún momento tiveron a intención de executar.
Néstor Rego
O Deputado do BNG, Néstror Rego,afirmou que nesta cidade hai obxectivos que teñen que ver coa calidade de vida e do benestar así como que serven para frear o declive demográfico e económico, gañar poboación, gañar calidade económica e emprego, gañar en benestar e isto implica ter infraestruturas de comunicación adecuadas.
Afirmou que os gobernos en Ferrol teñen que pasar das palabras aos feitos e facer esa aposta decidida polo ferrocarril, pola modernización da liña férrea Ferrol - A Coruña, o baypass de Betanzos e a comunicación polo norte coa modernización da liña da antiga Feve e de todo o seu material rodante para facer que o ferrocarril en Ferrol sexa un medio de transporte que a xente o poida utilizar.
Lembrou que O BNG historicamente ven defendendo a necesidade da modernización do ferrocarril nesta cidade e no conxunto de Galiza, con reiteradas iniciativas, presentando emendas aos orzamentos do Estado etc. Daí que a aposta do BNG polo tren forme parte relevante dos programas do BNG e do programa municipal do BNG en Ferrol.
Néstro Rego afirmou que desde o Congreso seguiremos reforzando este traballo, pero para iso e a vista das actuacións do PP e do PSOE neste tema é chave que exista un goberno municipal do BNG en Ferrol, da man de Iván Rivas, que será quen coloque a Ferrol no mapa da modernización das infraestruturas ferroviarias.