O BNG contra a utilización dunha praza pública como aparcadoiro do Auditorio. Hai Alternativas!
Ferrol 13 de marzo de 2012. O Bloque nacionalista Galego de Ferrol manifesta a súa oposición á que se habilite unha praza pública como aparcadoiro, aínda que sexa provisorio, para prestar servizo ao novo auditorio municipal, e acusa ao goberno local de Rey Varela de falta de previsión ante a escasez de aparacadoiros do Auditorio Municipal.
O BNG lembra que en abril de 2012, hai case 2 anos, o PP rexeitou no pleno unha moción nacionalista que propuña a utilización das explanadas da Antonio de Escaño como aparcadoiro deste contentor cultural polo que fica evidenciado a improvisación do Goberno Local que só actua diante das protestas veciñais, pola utilización dun espazo peonil como aparcadoiro, e vese forzado a utilización dun espazo que o BNG xa tiña sinalado como o aparcadoiro natural do novo auditorio.
O BNG leva anos propoñendo ao goberno local o que considera que é unha moi boa solución para paliar a falla de aparcadoiro, unhas instalacións que se atopan a menos de 100 metros desta infraestrutura cultural, onde ademais de ter unha zona especifica de aparcadoiro, ten amplas zonas e explanadas que se poden converter nun aparcadoiro temporal nas datas de celebración de espectáculos no auditorio.
Para o BNG o Ministerio de Defensa debería ser sensíbel as necesidades da cidade à que tanto lle debe e tan pouco aporta e esixen ao Goberno Local que faga as xestións necesarias para o que o que hoxe se presenta como unha solución provisional ten que convertirse en algo habitual os días que se utilice o auditorio de Caranza.