O BNG reivindica a recuperación do parque do Montón

Visita guiada ao parque do Montón
Visita guiada ao parque do Montón
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, destacou que o parque do Montón é unha das xoias ocultas que ten esta cidade que cómpre poñer en valor.
O BNG reivindica a recuperación do parque do Montón

Ferrol 11 de xuño de 2022. O bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu esta mañá unha visita guiada ao parque do Montón co obxectivo de dalo a coñecer entre a veciñanza, reivindicar a súa posta en valor e amosar o noso compromiso coa recuperación deste entorno.

 

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, destacou que o parque do Montón é unha das xoias ocultas que ten esta cidade que cómpre poñer en valor. Demandou a necesidade de actuar de xeito imediato sobre o mesmo e censurou que o goberno local estea incumprindo o acordo alcanzado co BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2021 que incluia a recuperación deste parque municipal.

 

O BNG defende que o futuro pasa por ter cidades verdes, convertir as nosas cidades en lugares saludábeis, polo que precisamos dotarnos de espazos de socialización nos que poder relacionarnos e espacios onde a xente oida vivir de maneira suadabel.

 

Para o BNG conservar e recuperar espazos como o parque do Montón non é unha cuestión de ver a natureza desde un punto de vista unicamente medioambiental, é unha necesidade desde o punto de vista dos beneficios que ten para a cidade e para o conxunto de veciños e veciñas. Iván Rivas indicou que para o BNG é unha priordade recuperar espazos como este, igual que convertir a parcela do Sanchez Aguilera nun grande pulmón verde para o centro da cidade, ou igual que recuperar o antigo vertedoiro de Mougá.

 

Iván Rivas, sinalou que con este obxectivo propuxemos e pactamos co goberno actual que desenvolvera un proxecto para decidir que facemos con recursos como o parque do Montón. Consideramos necesario repensar como conectamos e relacionamos todos os espazos verdes que existen na cidade e como lle sacamos o maiar rendimento a todo este patrimonio que temos abandonado. Iván Rivas, lamentou que eses compromisos que o goberno local adquiriu co BNG non teñan executados nen asumido a necesidade de facelos efectivos.

O BNG reivindica a recuperación do parque do Montón