O BNG reclama á Xunta que desenvolva os traballos pendentes no Bertón

O BNG reclama á Xunta que desenvolva os traballos pendentes no Bertón

 

Ferrol 11 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego para que reclamar da Xunta de Galiza que desenvolva os traballos pendentes de executar no polígono do Bertón para que a urbanización dos acesos sexa completa e para que o Concello poida recepcionar estes traballos.

Ivan Rivas, Portavoz municipal do BNG, salientou que a urbanización completa da zona é unha demanda reiterada dos veciños e veciñas e indicou que o BNG defende que se proceda á urbanizar as zonas excluidas do proxecto do “Y” do Bertón ao mesmo tempo para evitar novos retrasos aos xa acumulados.É por isto que se interesan por coñecer se a Consellería ten elaborado o proxecto de execución da urbanización das zonas, 1,2,3 e 5 aínda pendientes de urbanizar e se ten reservada partida orzamentaria para tal fin.

O BNG na súa iniciativa se interesa por coñecer, asi mesmo, se a Xunta ten previsto subsanar as deficiencias detectadas polos servizos técnicos municipais e que a día de hoxe impiden que a urbanización do polígono sexa recepcionada polo concello de Ferrol e cando preve a administración galega que se poderá producir esta recepción por parte da administración municipal.

O BNG indica que no proxecto de urbanización do “Y” do Bertón, non se incluiu à urbanización de varios entronques destas rúas co polígono, concretamente as zonas 1, 2, 3 e 5 debido a que o Concello non dispuña da titularidade dos dos terreos, cuestión esta xa resolta, descoñecendo a día de hoxe se a Consellería vai asumir a urbanización destes entronques para que a urbanización sexa completa, tal e como reclaman os veciños e veciñas da zona.

O BNG lembra que os traballos, de urbanización do “Y” do Bertón (ruas Bertón e Barbeito) non están a desenvolverse coa axilidade necesaria o que está a ocasionar continuos retrasos nos mesmos. De feito o convenio que regula estes traballos xa foi modificado, varias veces, entre as modificacións introducidas figuran os seus prazos de finalización e o compromiso de investimento nas súas anualidades.

Así mesmo às obras de urbanización destes accesos hai que sumarlle as deficiencias detectadas polos servizos municipais na urbanización do polígono residencial do Bertón que impiden, mentres non se arranxen estas deficiencias, que o mesmo poida ser recepcionado polo Concello de Ferrol, e provocando molestias entre o vecindario debido à falta de mantemento das parcelas do mesmo.

Xa por útimo indicar que os veciños e veciñas do Bertón levan desenvolvendo accións de protesta nos últimos meses reclamando o inicio das obras, que se solucionen as cuestións pendientes e que mentres duran estas obras que se desenvolvan traballos de mantemento del polígono, na actualidade, totalmente abandonado.

O BNG reclama á Xunta que desenvolva os traballos pendentes no Bertón