O BNG organiza un acto informativo para explicar a tarifa eléctrica e o recibo da luz
Ferrol, 10 de febreiro 2014.- O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol organiza, mañá martes 11 de febreiro, un acto informativo sobre o sector eléctrico e a factura da luza, que terá lugar a partir das 20 horas na Galeria Sargadelos de Ferrol.
Co obxectivo de explicar os impactos da política enerxética do estado e, máis en concreto, dos efectos discriminatorios que se están a producir en Galiza o BNG de Ferrol organiza este acto para, entre outras cousas, explicar como funciona o sistema eléctrico e porque os galegos e as galegas pagamos pola electricidade igual que outras zonas do estado cando somos productores de enerxía.
Así mesmo esta charla servira para facermos unha aproximación e explicación da factura da luz que recibimos no noso domicilio.
Neste acto participarán: Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, Fernando Branco, ex-Deputado, e Xose Manuel Golpe, asesor enerxético.
O BNG lembra que o actual modelo eléctrico é ineficiente, irracional e caro, deseñado contra os consumidores, -familias e empresas-, que soportan a factura máis cara de Europa e un incremento do 77% no recibo da luz nos últimos cinco anos, mentres ás eléctricas españolas obteñen beneficios que coasetriplican aos das súas homólogas europeas.