O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL

O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL

Ferrol 17de abril de 2016. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol procedeu a renovar a súa dirección local nunha asemblea celebrada o pasado martes, un proceso enmarcado na XV Asemblea Nacional da formación, e do que saiu eleito como responsábel local Carlos Outeiro Baamonde.

Ademais de carlos Outeiro o novo Consello Local do BNG estara formado por Roberto Montero (Vice-Responsábel), Eva Espiñeira, Iván Rivas, Dolores Prieto, Ramón Fernández, Xoán Xosé Lourenzo, Pedro Fernández, Luisa Sánchez, Ladislau Rodríguez, Elia Rico, Miguel Anjo González, Iolanda Gómis.

Desde o BNG sinala que co impulso da recente Asemblea Nacional, en breve abriremos à sociedade o proceso de refundación, de adaptación da organización ás necesidades actuais do obxectivo de sempre, sermos útiles a Galiza.

Nesta asemblea, tamén se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nível local nos vindeiros meses e resaltouse a importancia política do traballo do BNG resaltando que os debates sobre os problemas estruturais da nosa localidade están presentes cando son formulados pola nosa organización.

Carlos Outeiro

O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL