O BNG esixe ao goberno local reverter as restriccións de aceso aos servizos municipais

20210222_123710
Iván Rivas
Para o BNG o obxectivo prioritario debe ser garantir os dereitos dos veciños e veciñas e facilitarlles o desenvolvemento dos trámites administrativos, da participación política e do goce das instalacións municipais 
O BNG esixe ao goberno local reverter as restriccións de aceso aos servizos municipais

Ferrol 12 de novembro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ao goberno municipal que proceda a reverter as medidas que se tomaron no ámbito municipal a consecuencia da covid e recuperar a normalidade no funcionamento dos servizos municipais abríndoos novamente á cidadanía e pondo fin ás restricións impostas no aceso ás mesmas

 

O BNG considera, que unha vez finalizado o estado de emerxencia sanitaria no noso país, o pasado mes de outubro, cómpre recuperar o funcionamento da vida municipal, tanto administrativa, nos servizos públicos, como no ámbito político. É incomprensíbel o comportamento do goberno local atrasando o levantamento das restricións vixentes. Non se entende que a día sega manténdose a obrigatoriedade da cita previa para acudir ao concello, que servizos municipais como a area de urbanismo continúe pechada, a apertura das bibliotecas municipais, dos centros cívicos e a recuperación da presencialidade dos plenos municipais dcorporación como da presenza de público nos mesmos.

 

Para o BNG o obxectivo prioritario debe ser garantir os dereitos dos veciños e veciñas e facilitarlles o desenvolvemento dos trámites administrativos, da participación política e do goce das instalacións municipais que até o de agora permaneceron pechadas ou coa necesidade de acudir aos mesmos con cita previa ou atención telefónica con todas as dificultades e atrasos que iso produciu.

 

Para o BNG é perfectamente asumible reverter estas medidas e garantir a seguridade tanto dos veciños e veciñas como dos traballadores e traballadoras municipais.

O BNG esixe ao goberno local reverter as restriccións de aceso aos servizos municipais