O BNG CONSIDERA QUE O OBXECTIVO A ACADAR É A XESTIÓN MUNICIPAL DO TRANSPORTE PÚBLICO

O BNG CONSIDERA QUE O OBXECTIVO A ACADAR É A XESTIÓN MUNICIPAL DO TRANSPORTE PÚBLICO

Ferrol 18 de setembro de 2018. Para o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol o obxectivo que deberiamos perseguir é a recuperación da concesión do servizo de transporte público na cidade. Cara aí deberían ir os nosos esforzos co obxecto de asumir a xestión dun servizo urbano que a día de hoxe está anulado por unha sentenza do Tribunal Supremo e o transporte  da zona rural que este concello pactou coa Xunta entregarllo, en mellores condicións económicas e unificando o transporte regular co transporte escolar, às mesmas empresas as que unha sentenza xudicial lle anulou as concesións que lle fixera o PP en 2009

 

Todo isto a pesares das deficientes condicións do transporte que padece a cidade desde hai anos e que esta decisión da Xunta e do goberno local non fixo máis ca empeorar.

 

Para o BNG Ferrol esta cheo de estudios de mobilidade e o que precisa é que a Xunta se responsabilice do deterioro que provocou no servizo a través das concesións que foi prorrogando mediante unha dotación económica que compense o deterioro provocado e que o concello asuma a responsabilidade da xestión dun servizo de competencia municipal mais aló de contratar mais estudos sobre estudos.

O BNG CONSIDERA QUE O OBXECTIVO A ACADAR É A XESTIÓN MUNICIPAL DO TRANSPORTE PÚBLICO