O BNG considera intolerábel a actitude da RAG no ano das letras de Carvalho Calero
Ferrol 4 de decemro de 2020 Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, cualificou de incomprensíbel a decisión da Real Academia Galega de non prolongar ao 2021 o Dia das Letras adicado a Ricardo Carvalho Calero, e de intolerábel que os actos desta efeméride se celebren, finalmente, na cidade de Compostela.
Iván Rivas, que cualificou estes feitos como unha decisión inaceptábel sinalou que resulta evidente que dada a situación sanitaria provocada pola covid-19 o máis lóxico é que o ano Carvalho Calero prolongara a súa celebración ao ano 2021 tal e como reivindicou unanimemente o pleno do Concello de Ferrol, tal e como acontece, por exemplo, coas celebracións conmemorativas dos 250 anos de nacemento de Bethoven que se trasladaron ao ano 2021. É por este motivo que o BNG impulsará e propoñerá ao Goberno Municipal a aprobación dunha declaración institucional para protestar contra a actitude da RAG que é un insulto a nosa cidade e á figura de Carvalho Calero.
O BNG promoverá así mesmo a celebración dun acto de homenaxe e reivindicativo da figura de Ricardo Carvalho Calero na cidade de Ferrol para o vindeiro sábado 12 de decembro às 12 horas ao pé da súa casa natal como unha mostra de desagravio à figura do intelectual ferrolá fronte ao agravio ao que o somete a RAG.
O BNG lembrou que nunca un autor ou autora designado para conmemorar o Día das Letras Galegas foi homenaxeado fora do seu lugar de nacemento e ademais desenvolver os actos de homenaxe a Carvalho Calero en Santiago só se explica desde a intención de pechar en falso os actos conmemorativos dun autor denostado polos seus posicionamentos políticos e lingüísticos.
Ricardo Carvalho Calero é para o conxunto da sociedade un autor fundamental na análise socio-lingüística e literaria, un autor comprometido co seu idioma e co seu país e ao mesmo tempo é un autor que foi denostado por manter posicionamentos teóricos estabelecendo a vinculación entre o Galego e o Portugués. Tiña unhas fondas consecuencias políticas, posicionamentos teóricos que viñan abalados polo rigor científico e pola investigación por iso custou moito que se lle recoñecese como autor ao que adicarlle o Dia das Letras Galegas para o que foi preciso que colectivos sociais da cidade, colectivos culturais xunto a organizacións políticas insistisen nesta revindicación.