O BNG considera inaceptábel o Plan Estratéxico de NAVANTIA
Ferrol 7 de decembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera negativo o Plan Estratéxico de Navantia e censura o silencio que existe na cidade sobre a pretensión de NAVANTIA de acometer unha nova reestructuración do sector naval na cidade fronte à que o goberno local e Jorge Suárez permanecen mudos.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu que esta é unha cuestión fundamental para esta cidade e da que parece que ninguén quere falar. Polo que ironizou con que deberíamos darlle a noraboa a Cádiz por ter tres alcaldes que miran polos seus intereses, como son “Kichi”, Jorge Suárez e o alcalde consorte, José Manuel Rey Varela, xa que defenden a construcción das corbetas saudís, pero non abren a boca cando en Ferrol vaise producir unha nova reestruturación do sector naval na cidade mentras que aquí todo o mundo está en silencio.
Para o BNG o anuncio do novo Plan Estratéxico ven a dicir que a pretensión é amortizar o 25% dos postos de traballo da empresa NAVANTIA coa cotratacion de 1600 traballadoras pero botando fora da empresa principal a 2.200, Esta nova reestructuración ven acompañada, coma sempre, de anuncios propagandísticos que neste caso son un pouco cutres porque se refiren as F-110, cando noutras ocasions se anunciaba a construcción de gaseiros, petroleiros, floteis e todo tipo de productos que na realidade e na practica non se convertiron en nada.
Agora estan coas F-110 que todas sabemos que e un producto cíclico que se xestiona a través das esixencias que fai a OTAN, que ten unha periodicidade decenal e que polo tanto se farán só cando ao Ministerio de Defensa lle interese desenvolvelas.
O BNG censurou que agora teñamos que soportar que o señor Rey Varela ou que o secretario xeral do PSOE nos veñan a falar delas ou a facer anuncios deste tipo cremos que non se pode ser máis cínico e todo isto combinado cun alcalde que esta en silencio.
Iván Rivas sinalou que temos un alcalde mudo, Jorge Suárez permanece en silencio diante dun dos principais problemas que ten esta cidade como é o desmantelamento do principal sector productivo que existe en Ferrol.
Con este Plan Estratéxico vaise botar a un 25% dos traballadores da empresa Navantia despois de terse producido unha reestructuración da industria auxiliar durante os últimos anos e despois de terse confirmado e persistir o veto àconstrucción naval civil
Iván Rivas afirmou que é intolerábel e completamente inasumible para esta cidade que NAVANTIA faga este tipo de propostas e que se nos pretenda enganar con investimentos millonarios: sexa coas fragatas F-110 ou sexa o famoso Asteleiro 4.0 anunciado por Navantia que seguimos sen saber o que é, máis alá de que querían facer un novo recheo na ría.