O BNG comprométese coa xestión pública dos servizos municipais
Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldia de Ferrol, afirmou que en Ferrol debemos revertir a política de privatizacións e externalizacións de servizos públicos, desenvolvida neste concello.
25 maio 2023 - 10:40
Ferrol 24 de maio de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou esta tarde nun encontro veciñal en canido no que defendeu que é preciso implementar na cidade unha nova forma de xestionar os servizos municipais. Iván Rivas indicou que é o momento de iniciar o camiño da municipalización de servizos municipais.
Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldia de Ferrol, afirmou que en Ferrol debemos revertir a política de privatizacións e externalizacións de servizos públicos, desenvolvida neste concello. E lembrou que o servizo de recollida de lixo é o contrato máis caro que ten na actualidade o concello, un servizo que leva sen contrato desde o ano 2014 polo que debemos aproveitar esta situación para acometer este proceso de xestión directa.
Así mesmo o BNG considera que debemos implantar melloras no servizo de recollida de resíduos, apostar por un incremento da reciclaxe co que reducir o volume de lixo que xeramos e que se envia a queimar a Sogama o que nos permitiría abaratar o recibo que pagan os veciños e veciñas de Ferrol por este servizo.
Para o BNG a xestión directa de servizos públicos, lixo, xardíns, desbroces, deber ser un obxectivo prioritario para calquera goberno municipal, porque si algo queda demostrado tras o paso de diferentes gobernos e anos desenvolvendo estes servizos mediante privatizacións é que os problemas que xeran son cada vez maiores tanto polas condicións laborais dos traballadores como polos déficits nos traballos en si.
Iván Rivas avanzou o compromiso dun goberno liderado polo BNG pola xestión pública dos servizos municipais.