BNG e veciños da zona esixen o arranxo da rúa Illa Herbosa

encontro cos veciños illa Herbosa
encontro cos veciños illa Herbosa
BNG e veciños da zona esixen o arranxo da rúa Illa Herbosa

 

Ferrol 10 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá un encontro cos veciños e veciñas da rúa illa Herbosa e río Xubia, no barrio de San Xoán, para esixir do goberno local que proceda a urbanizar estas rúas, totalmente deterioradas,e logo de máis dun ano de continuas queixas formuladas ao concello sen resposta por parte da administración local. Asi mesmo, tamén se fixo referencia a necesidade de solucionar o estado actual do acceso a rúa Manuel Belando a través da rúa Cabalo Branco.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que este encontro servia para reclamar e apoiar as demandas veciñais, pedindo a urbanización desta zona, e lembrou que son demandas xa formuladas por parte do BNG e por parte dos veciños e veciñas, que levan entregados moitos escritos no rexistro municipal, o último de data 29 de xaneiro que ía acompañado por máis de 250 sinaturas de veciños e veciñas.

Ivan Rivas, destacou que esta reclamación xorde porque estamos perante un goberno municipal que continua co seu suposto plan de barrios que non ten máis fin que uns fins propagandísticos que o que estan é a paralizar o propio proceso participativo dos veciños e veciñas ao contrario do que se afirma nese mesmo plan de barrios e ao mesmo tempo se reducen os gastos destinados ao cumprimento de servizos básicos como poden ser o estado no que se atopan estas rúas.

O BNG destaca que esto é consecuencia da decisión do goberno municipal e que se poden ver na redución dos orzamentos destinados a reparacións de viais con respecto ao ano 2012 ano no que unicamente se executara a metade do consignado ou a redución do orzamento destinado a limpeza e desbroce pois ben ao mesmo tempo que se fai esta redución de gasto se continua co aumento de gasto en amortización e pago de xuros e en aumento do gasto en publicidade neste ano 2013 respecto do ano 2012 o que confirma que este plan de barrios e a actitude que esta a manter este goberno municipal unicamente ten un carácter propagandístico.