Novas
Orzamentos do Estado 2022 unha nova burla para Ferrol
13/out./2021
Iván Rivas, portavoz nacionalista, demandou do Alcalde da cidade que abandone a política de panos quentes co goberno do Estado, que deixe de lado as directrices partidaria do PSOE e que pase a defender dunha vez os intereses da cidade, tanto para acometer a rexeneración da ría, renovar as infraestruturas ferroviarias como dotar de carga de traballo inmediata aos estaleiros.