O Goberno Local aumenta a presión fiscal sobre os veciños e veciñas coas novas ordenanzas fiscais
Ferrol 30 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a proposta de Ordenanzas fiscais presentada polo goberno local aumenta todavía máis a deriva iniciada por este goberno municipal de incrementar a presión fiscal sobre os veciños e veciñas da cidade ao tempo que se reducen os ingresos procedentes do Estado e se multiplica o gasto en pago de xuros e amortización de débeda.
O BNG considera que as subas nas taxas aplicadas durante este ano 2013 súmaselle agora un novo incremento para o 2014 na taxa polo servizo de sumidoiros que experimenta unha aumento do 24%, e que inicia o proceso para repercutir nos veciños e veciñas desta cidade o coste do saneamento e que se verá incrementada ano tras ano cando entren en vigor as tarifas fixas reflectidas no convenio coa empresa Acuaes para a execución dos interceptores xerais do marxe dereita da ría de Ferrol, e ao que haberá que engadirlle posteriormente a repercusión dunha tarifa variable para o mantemento da infraestrutura da que todavía se descoñece o seu importe.
O BNG considera, desproporcionado e inxutificado, a suba do recibo vinculado ao tratamento do lixo, unha suba de cerca de mais dun 33,5%, así como que teñan que ser os galegos e galegas, neste caso os veciños e veciñas de Ferrol, sobre os que recaia esta suba e quen asuman este incremento.
Unha suba que ven motivada pola apllicación dun decreto estatal que elimina as primas por enerxía renovables e que continua a discriminar aos territorios produtores de enerxía como o galego, e fronte ao que nen a Xunta de Galiza nen o Concello de Ferrol fixeron ningun tipo de reclamación, pese a ser tan perxudicial para os galegos e galegas polo que supón respecto do prezo da enerxía eléctrica para as familias e empresas e que lapida a empresas como Megasa, cando os galegos somos un dos principais produtores de enerxía eléctrica que desde aquí cedemos ao resto do Estado, sen que isto supoña ningunha reducción no prezo da enerxía para os galegos e galegas, sinón que moi ao contrario, o custe desta é maior que en outros lugares do Estado.
O BNG considera que chegado a este punto desde as administracións públicas compre valorar se o sistema de tratamento de lixo escollido pola Xunta de Galiza e ao que abocou a asumilo a pratica totalidade dos concellos galego é o máis acaido. Cremos que compre plantexar alternativas a incineración, o modelo polo que aposta o PP, e comezar a traballar en planos alternativos para o tratamento de lixo baseados na reciclaxe e reutilización dos refugallos.