O BNG bota en falta compromisos concretos na "visita turística" da presidenta de Navantia aos estaleiros da ría

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG

 Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, exixiu da presidenta de Navantia algo máis que unha visita turística e demandou un compromiso explícito cos estaleiros da ría.

O BNG bota en falta compromisos concretos na "visita turística" da presidenta de Navantia aos estaleiros da ría

Ferrol 16 de marzo de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, exixiu da presidenta de Navantia algo máis que unha visita turística e demandou un compromiso explícito cos estaleiros da ría.

 

Iván Rivas, censurou e cualificou, tamén, como inaceptábel que desde o goberno da cidade non se lle esixira a máis mínima explicación respecto da actual situación da empresa e o seu futuro. Unha mostra máis do servilismo e a complaciencia coa que o alcalde da cidade se comporta diante do goberno do estado.

 

Para Iván Rivas, os compromisos de Navantia deben pasar pola incorporación de novo persoal á empresa principal, xusto ao contrario do que está a acontecer no momento actual onde unicamente se están a cubrir vacantes e xubilacións sobre a base dun plan industrial que suporá ao fin unha redución do plantel da empresa principal de máis do 25%.

 

Defendeu Rivas que o Estado a través da empresa pública debe desenvolver unha política de novas contratacións procedentes de traballadores e traballadoras da industria auxiliar e facelo de maneira inmediata con dous obxectivos. Por unha parte co obxecto de inverter a dinámica de desmantelamento do sector dos últimos anos, con miles de despedimentos na industria auxiliar e sen vincular estes postos á dotación de carga de traballo que a día de hoxe non existe produto dunha política de Estado que baleirou as gradas dos estaleiros. Por outra parte cun obxectivo formativo. Compre avanzar no carácter formativo destas incorporacións co obxecto de preparar aos traballadores e traballadoras do estaleiro para adaptarse ao ámbito civil.

 

Para acadar este último obxectivo é fundamental executar investimentos nas instalacións actuais que permitan acceder ao mercado civil. Un mercado onde os estaleiros europeos levan anos incrementando o seu volume de negocio e en concreto no ámbito dos buques cruceiro como demostra que o ano 2019 foi o de maior volume de carteira de pedidos do último decenio con 14,6 millóns de toneladas CGT e que supuxeron o 65% das CGT no ámbito da construción civil en Europa.

 

Os estaleiros ferroláns sería plenamente competitivos neste ámbito da construción naval si existise a vontade política para que así fose e se puxesen os medios para acadalo. Pero que no día de onte a presidenta da empresa non comprometese nin a simple transformación do buque Galicia ou que o Mº de defensa paralice o desenvolvemento do taller de subloques demostra o nulo compromiso que o Estado mantén co noso principal sector produtivo.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, demanda do alcalde de Ferrol que aclare se vai continuar avalando o desleixo co que o goberno central trata ao naval de Ferrolterra e lémbra que nin o goberno central nin ao alcalde da cidade poden facer oidos xordos às esixencías da nosa comarca reflectidas na mobilización da semana pasada.

 

O BNG bota en falta compromisos concretos na "visita turística" da presidenta de Navantia aos estaleiros da ría