O BNG alerta do bipartidismo harmónico do PSOE e do PP en Ferrol para tapar as súas vergonzas e responsabilidades.

20210222_123710
Iván Rivas
A reunión mantida entre o Alcalde da cidade e a conselleira de Mobilidade e Infraestruturas é un exemplo do bipartidismo harmónico ao que o PP e o PSOE pretenden levar o debate político nesta cidade co obxecto de ocultar a realidade e taparse uns aos outros as súas vergoñas e responsabilidades.
O BNG alerta do bipartidismo harmónico do PSOE e do PP en Ferrol para tapar as súas vergonzas e responsabilidades.
Ferrol 8 de abril de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, calificou a reunión mantida no día de onte entre o Alcalde da cidade e a conselleira de Mobilidade e e Infraestruturas como un novo exemplo do bipartidismo harmónico ao que o PP e o PSOE pretenden levar o debate político nesta cidade co obxecto de ocultar a realidade e taparse uns aos outros as súas vergoñas e responsabilidades.

Ivan Rivas destacou que si non existe saneamento no rural de Ferrol é porque a Xunta de Galiza destina uns ridículos 10.000 euros para esta finalidade nos seus orzamentos para este ano 2021 ao tempo que o goberno local decidiu que o diñeiro destinado a este fin durante os anos 2015 e 2016 e que pagamos todas e todos a través da taxa de saneamento pase a engordar as arcas de Emafesa no canto de desenvolver os investimentos comprometidos desde a aprobación da taxa de depuración e que supera os 4,5 millóns de euros.

Ademais sería bo que no canto de facer afirmacións como que a Xunta asumirá o importe maioritario para a execución das obras de saneamento no marxe dereita do río Sardiña se consignase o diñeiro específico para facelo porque a realidade é que os orzamentos da Xunta para 2021 contemplan escasamente 250.000 euros para este fin. Unha cantidade que dista moito dos 900.000 euros que supostamente sería necesarios para executar estas obras.

En relación coas infraestruturas ferroviarias, Iván Rivas afirma que é evidente que si a conexión ferroviaria coa Coruña está no estado de abandono actual é porque desde o Estado se renunciou de facto a incorporar Ferrol ao eixo atlántico tanto por gobernos do PP como do PSOE e o principal problema a día de hoxe é a inexistencia de dotación orzamentaria nos presupostos do Estado do PSOE e Podemos para 2021.

Por este motivo resulta significativo que o Alcalde da cidade esqueza repetidamente esta falta de dotación orzamentaria como tamén o é que o PP esquecese durante os anos de goberno de M. Rajoy o famoso pacto do Obradoiro asinado entre o ministro socialista José Blanco e o actual presidente da Xunta que aseguraba garantir a renovación da conexión ferroviaria con A Coruña en 2015.

Pero o máis lamentable é ver como o actual Alcalde sendo responsable de urbanismo no concello de Ferrol paralizaba, xunto aos seus compañeiros e compañeiras de goberno, o desenvolvemento das obras para a renovación das infraestruturas ferroviarias de saída da cidade gardando nun caixón o proxecto construtivo que contaban naquel momento con 6M de euros en 2008 e 15M de euros en 2009, para vir agora a presentarnos máis estudos que non veñen a contarnos nada que non saibamos e unicamente son unha nova cortina de fume para xustificar o inxustificable.

Do mesmo xeito si o transporte público na cidade leva sufrido redución de servizos e frecuencias durante todos estes anos é porque a Xunta xestiona un servizo municipal favorecendo os intereses económicos das empresas concesionarias e non as necesidades dos veciños e veciñas. Un transporte urbano que leva padecendo unha redución de servizos e frecuencias constante durante os últimos anos e que na última concesión promovida pola Xunta de Galiza en 2019 rematou por integrar o servizo de transporte escolar no regular, co conseguinte incremento dos tempos de viaxe, reducción de frecuencias e servizos e cun trazado que non responde as necesidades de vertebración e mobilidade da cidade.

Por estes motivos, Iván Rivas destacou que, máis aló das boas palabras e das roldas de prensa, esta cidade o que necesita son proxectos concretos con dotación económica concreta. Por este motivo desde o BNG queremos saber canto diñeiro vai poñer a Xunta exactamente para o saneamento na zona rural, para o desenvolvemento das obras do saneamento do río da sardiña, ou canto diñeiro vai poñer o estado para a renovación ferroviaria da liña Ferrol-A Coruña e saber se, dunha vez, o concello de Ferrol ten intención de asumir a xestión dun transporte público a través dunha empresa municipal que leva décadas precarizándose por mor da xestión da Xunta de Galiza en favor das empresas

O BNG alerta do bipartidismo harmónico do PSOE e do PP en Ferrol para tapar as súas vergonzas e responsabilidades.