Novas
O BNG apoiou hoxe ao sector hostaleiro e censura a pasividade da Xunta e do Concello para estabelecer axudas ao sector.
13/xan./2021
Para o BNG a actitude da Xunta de Galiza non é produto da improvisación senón da premeditación, xa que volve a decretar medidas cada vez máis restritivas para os sectores máis afectados por esta crise sanitaria-económica como o hostaleiro e o comercio sen levar aparelladas medidas paliativas e concretas que as acompañen.