Novas
O BNG Pide ao concello que celebre o Mercado de Nadal nas mesmas condicións que en anos anteriores
07/dec./2022
Iván Rivas, portavoz do BNG, lamentou a situación actual na que se atopan as artesás da nosa cidade pendentes do futuro do mercado. Unha situación que non acaba de resolverse nin para a que o goberno local da unha expliación. Estamos a 7 de decembro e descoñecemos se en Ferrol vaise celebrar este mercado de nadal ao longo das vindeiras semanas.