Que acontece co saneamento en Ferrol?

Que acontece co saneamento en Ferrol?

A ría de Ferrol declarouse de interese xeral en 1997 e 20 anos despois o seu saneamento segue a ser unha fraude.

Por que?

Fundamentalmente porque o saneamento nunca foi unha prioridade para o Estado, responsable da infraestrutura.

Cando se fixo algo, fíxose mal, culpabilizando aos ferroláns e ferrolás, en beneficio sempre das empresas construtoras e das concesionarias e coa lamentable complicidade dos gobernos locais. Por estes motivos ...

1. O sistema de depuración da ría é de tipo unitario e contrario á normativa actual

Porque é máis barata a súa construción pero máis cara a súa xestión ao ter que depurar máis metros cúbicos.

2. O Estado, sendo a súa obriga, non pon un euro nunhas obras que PAGAMOS NÓS

Porque Rey Varela asinou un convenio en 2014 que Jorge Suárez avalou pese as súas numerosas irregularidades.

3. Ferrol paga tamén a depuración de Narón e a reparación da depuradora, propiedade da Xunta

Porque PP e FeC se fixeron cargo dunha depuradora abandonada durante anos e que dá servizo a outros concellos.

4. EMAFESA xestiona a depuradora sen contrato despois de cobrarnos por un servizo inexistente en 2014

Porque tanto FeC como o PP quixeron incrementar os ingresos de EMAFESA para poder sanear a empresa.

En resumo, o modelo de saneamento escollido polo Estado é o máis barato e o máis beneficioso para as empresas.

Mentres desde Ferrol por parte de FeC, PSOE e PP eximiuse tanto á Xunta como ao Estado de toda responsabilidade con tal de poder decidir a quen lle entregaban a xestión do servizo de saneamento que pagamos todas e todos nós.

Que podemos facer en 2019?

  • Retirarlle a EMAFESA o cobro das taxas de auga e lixo.
  • Anular a taxa de depuración.
  • Fiscalizar e remunicipalizar EMAFESA.
  • Transformar o sistema en separativo.
  • Exixir ao Estado que pague as obras.
  • Devolver a depuradora á Xunta.

Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo!