Diseminación

Diseminación

O francés Derrida podería ter escrito o seu ensaio sobre a deconstrución pensando na política ferrolá. E é que moito se fala da división da esquerda, pouco da descomposición da dereita e menos de por que o nacionalismo permanece á marxe deste fenómeno de diseminación. O certo é que todos estes partidos e subpartidos teñen algo en común: o Estado como orixe e fin da súa ideoloxía, todos definen primeiro os marcos da finca e despois que facer con ela tendo claro até onde poden chegar.  E a cuestión é que é imposible resolver as fochancas do Sánchez Aguilera senón falamos do convenio con Defensa, é imposible resolver o problema da depuradora senón asumimos que non é nosa, é imposible recuperar a cidade se non temos cartos e España non paga. Pero para todos eles estas circunstancias non existen. Todos teñen claro os límites e cando queren resolver os problemas da cidade sen alterar os marcos do debate danse de bruzos contra a realidade e rematan cada un polo seu lado.  Outro filósofo alemán tiraba unha conclusión moito máis útil para a política que a de Derrida: os asuntos resólvense falando deles. Pero semella que en Ferrol algúns prefiren o suicidio esencialista de quen se nega a recoñecer que ten un problema.