O triunfo dos veciños e veciñas da rúa Herbosa, Fontemoura e río Xuvia

O triunfo dos veciños e veciñas da rúa Herbosa, Fontemoura e río Xuvia

Ferrol 13 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que inicio da licitación do proxecto de urbanización das rúas Herbosa, Fontemoura e Río Xuvia, é o triunfo dos veciños e veciñas da zona e cumpre felicitalos xa que logo de meses de mobilizacións ven  recompensado a súa labor e comproban como o seu esforzo colectivo sirve para mudar a situación e obriga ao goberno local a atender as súas reivindicacións.

 

O BNG considera que o proxecto licitado podería ter sido máis ambicioso xa que o mesmo limítase à urbanización da superficie máis deteriorada destas rúas sen incluir a renovación de servizos como as redes de saneamento.

 

Para o BNG a presión social  foi determinante para conquerir este primeiro paso e é por iso que aposta por que a mesma non baixe até que comecen os traballos esixindo ao goberno local celeridade na tramitación administrativa desta contratación.

 

De todos os xeitos, o BNG censura o completo abandono ao que o Alcalde desta cidade e este goberno municipal teñen sometido ás rúas e edificacións desta cidade e que teña que ser a presión veciñal a que obrigue a actuar a un goberno municipal ausente respecto das necesidades básicas dos veciños e veciñas e enguedellado en anuncios e políticas propagandísticas que non teñen un reflexo na realidade do Concello, como foi o caso destas rúas, que acumulan anuncios por parte do Alcalde e dos responsabeis de goberno desta cidade de actuacións inmediatas desde agosto de 2013.

 

Concentración veciñal na rúa Herbosa