O BNG DENUNCIA UNHA VEZ MÁIS O LAMENTABLE ESTADO DE CONSERVACIÓN DA RÚA LOUREIRO

rua loureiros
rua loureiros

A situación deste vial no bairro de Santa Mariña é intolerábel ademáis de perigoso para a veciñanza 

O BNG DENUNCIA UNHA VEZ MÁIS O LAMENTABLE ESTADO DE CONSERVACIÓN DA RÚA LOUREIRO

Ferrol 30 de xullo de 2018. O BNG denuncia unha vez máis o lamentable estado de conservación e estabilidade na que se atopa a R/ Loureiro no barrio de Santa Mariña.

 

A día de hoxe o desleixo respecto do estado desta rúa é total e á falla de estabilidade do firme engádeselle agora a carencia absoluta de limpeza por parte do goberno local da maleza lateral desta vía de comunicación do barrio, chegando o punto a reducir á metade o ancho de circulación peonil posible a causa da invasión da calzada polas malas herbas.

 

O BNG lembra que esta vía xa ten impedido o seu tránsito rodado produto da inestabilidade do firme pero na actualidade vai camiño de facerse intransitable tamén para os viandantes.

O BNG denuncia ademais a pasividade coa que o ministerio de fomento responsable da consolidación e propietario do talud que discurre en paralelo á vía do tren e causante do principal deterioro da rúa leva actuando durante anos.

Para o BNG que desde o goberno local non se teña decidido nin comezar a impoñer as multas coercitivas correspondentes ao ADIF por esta deixación de responsabilidades, nin inciar o camiño para executar a reparación subsidiaria deste muro de formigón nin acometer as mínimas labores de limpeza da contorno o único que está a provocar e o incremento da frustración entre os veciños e veciñas e a pasividade e indolencia total dos responsables directos da situación de deterioro tan avanzado desta rúa do Mº de Fomento. rua loureiros