O BNG censura o comportamento antidemocrático de Rey Varela e oponse à restructuración de Navantia

O BNG censura o comportamento antidemocrático de Rey Varela e oponse à restructuración de Navantia

Ferrol 26 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifestou esta mañá a súa posición con respecto da situación actual na que se atopa o primeiro sector produtivo da nosa comarca e con respecto da actitude que está a manter o alcalde desta cidade e o comportamento antidemocrático e cómplice que esta a ter con respecto desta situación durante todo o seu mandato.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera necesario que todos os partidos estatais asuman dunha vez por todas o necesario e inmediato enfrontamento à dinámica ditada por parte do Estado con respecto do sector naval na ría de Ferrol, reflectida no propio informe de xestión de Navantia, que desde decembro de 2012 tiña previsto desenvolver unha nova reestructuración no sector, e que agora, en decembro de 2013, pretende acometer de modo inmediato.

Para o BNG é fundamental rematar co confusionismo permanente mediante a oposición contundente a calquera tipo de reestruturación que suporá a amortización de postos de traballo para convertir o estaleiro de Ferrol nun estaleiro fantasma, inutilizando a súa capacidade de producción, do mesmo modo que se fixo co estaleiro de Fene, así como dotar de carga de traballo de todo tipo a uns estaleiros que no seu propio obxecto social teñen isto como obxectivo, e isto quere dicir que se elimine calquera tipo de restricións na produción destes estaleiros para que poidan acceder a todo tipo de mercado sexa: militar, civil, off shore, turbinas ou calquera outro tipo de produto.

Iván Rivas, censurou a actitude de Rey Varela por antidemocrática, cómplice e coñecedor desde hai tempo das durísimas decisións que o Estado ten previsto adoptar sobre os estaleiros da ría, por contraprogramar unha manifestación dos traballadores de Navantia cun pleno extraordinario, para posteriormente, suspender un pleno ordinario unilateralmente para acudir a Madrid a unha entrevista cos seus propios correlixionarios do Partido Popular e acompañándose de membros do seu propio partido, fuxindo dos veciños e veciñas da cidade e excluíndo a calquera tipo de representación tanto social como política nun afán de confusionismo permanente.  nav26