O BNG apoia as mobilizacións dos traballadores e traballadoras dos servizos de Dependencia de Ferrol

O BNG apoia as mobilizacións dos traballadores e traballadoras dos servizos de Dependencia de Ferrol

 

Ferrol 19 de abril de 2013. O BNG mostrou a súa solidariedade e apoio as mobilizacións dos traballadores e traballadoras dos servizos de Dependencia de Ferrol e Santiago diante da tentativa de desmantelamento destes servizos por parte da Xunta de Galiza

Tras asistir ao peche desenvolvido polos empregados/as destes servizo en Ferrol o BNG se amose preocupado polas decisións tomadas polo Partido Popular de recortes continuos nos servizos públicos e tendentes à privatización total dos mesmos.

O BNG vai defender no Pleno da corporación unha moción, asinada conxuntamente con outras forza, e elaborada polos propios empregados e empregadas afectadas na que se valora que para dar un maior e mellor servizo a beneficiarios e cidadanía non é preciso destruir postos de traballo en base a criterios economicistas, nin facer centralizacións administrativas que alonxan o servizo de Ferrol e a súa comarca; senón fazer unha unificación real dos dous servizos, Dependencia e Discapacidades, e que todolos equipos presten atención ao maior volume de traballo que exista para evitar demoras e retrasos a colectivos tan vulnerables; pois hoxe en día os expedientes de discapacidades chegan aos 24 meses de retraso e se podían axilizar os expedientes có persoal que agora mesmo se vai amortizar.

Nesta moción piden que o Concello de Ferrol manifeste o seu apoio ao mantemento en Ferrol da Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades.

E a unificación real da Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades có mantemento de todos os postos de traballo para seguir a realizar as labores de avaliación, valoración e asignación dos recursos sociais que establece a Lei da Dependencia, e asimesmo reforzar o maior volume de traballo alí onde sexa máis necesario

O BNG apoia as mobilizacións dos traballadores e traballadoras dos servizos de Dependencia de Ferrol