O BNG DEMANDANDA NO PARLAMENTO GALEGO A SUBROGACIÓN DOS TRABALLADORES DE ELECTRORAYMA

O BNG DEMANDANDA NO PARLAMENTO GALEGO A SUBROGACIÓN DOS TRABALLADORES DE ELECTRORAYMA

Ferrol 4 de marzo de 2016. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demanda unha vez máis a fin da discriminación a que está a someter aos traballadores das auxiliares do centro de producción de Navantia en ferrol respecto doutros centros de producción que ten asegurada a subrogación en contratos como o de mantemento das instalacións da empresa navantia, até agora desenvolvidos pola empresa Electrorayma.

 

Desde o BNG queremos denunciar tamén o teatro ao que alcalde deste cidade nos pretende someter participando dunha reunión coa empresa Ferrovial sen a participación dos traballadores. Así como a lei do silencio imposta sobre esta restruturación encuberta de toda a industria auxiliar do sector naval na cidade do que xa foron vítimas máis de 5000 traballadores.

O BNG ven de rexistrar no día de onte unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galiza na que piden que a Xunta demande a empresa pública Navantia que inclua nos pregos de contratación a subrogación dos traballadores que desenvolven estes traballos.

O BNG na súa iniciativa, complementada cunha pregunta parlamentar, considera que existe un agravio comparativo con respecto aos traballadores que realizan as mesmas funcións de mantemento noutros estaleiros de Navantia, como os da baía de Cádiz, nos que si se produciu a subrogación dos cadros de persoal das empresas auxiliares cando finalizou a concesión.

É por isto que pregunta à Xunta se vai demandar à empresa Navantia que inclua nos seus pregos de contratación à subrogación dos traballadores que desenvolvían os traballos de mantemento, ou se vai demandar à Navantia que non permita diferencias entre as condicións laborais dos traballadores das industrias auxiliares que prestan a súa actividade nos diferentes centros de traballo da empresa.ElectroRayma

PNL Electrorayma