O BNG acusa ao Goberno Local de ser complice co desmantelamento dos servizos ferroviarios

mobilización polo centenario do tren
O BNG acusa ao Goberno Local de ser complice co desmantelamento dos servizos ferroviarios

Ferrol 6 de maio de 2013. O BNG censurou os actos nos que se comemoraba o centenario da liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos xustamente nun momento no que se esta a producir o desmantelamento de todas estas infraestruturas ferroviarias na comarca, sexan as que se corresponden cos servizos de vía estreita como os que se corresponden cos servizos de Renfe, e destacou esta infraestrutura que vai de Ferrol a Betanzos permanece case no mesmo estado en que se inaugurou, sen facer apenas ningún tipo de inversión na renovación nin do material rodante nin das propias vías

Iván rivas, portavoz municipal do BNG, asegurou que resulta esperpéntico e ofensivo as declaracións do alcalde da cidade, Rey Varela, afirmando e asegurando tal e como el dixo “un feliz viaxe ao futuro realmente” cando ao que estan sometendo aos veciños e veciñas de Ferrol é a un viaxe ao pasado, a un pasado cada vez máis dramático.

Asi mesmo se asegurou que resulta ofensivo que o propio Director Xeral de Ferrocarrís, do Ministerio de Fomento, non responda ante as preguntas aos recortes que se estan a implementar tanto das infraestruturas de Renfe como as de Feve e que considere que esto supera as súas competencias.

O BNG censurou tamén que non se permitira o aceso a un espazo público, como é a estación de ferrocarril, aos propios veciños e veciñas do concello e da comarca. Iste feito é unha mostra do comportamento que esta a ter o Partido Popular fronte as demandas sociais, neste caso referidas ao desmantelamento que se esta a producir no sistema ferroviario e das conexións ferroviaris de Ferrol.

O portavoz nacionalista criticou que se negaran a recoller as reivindicacións e propostas da Plataforma Comarcal en Defensa dos camiños de Ferrol, ou o feito de non querer atender nen recibir a portavoz da plataforma.

Á proposta de restruturación dos servizos de Renfe, que xa esta feita por parte do ministerio, vaiselle sumar a prevista para os servizos da antiga Feve que se farán públicos a finais do mes de xuño, algo que no seu conxunto vai deixar a cidade de Ferrol cunhas infraestruturas ferroviarias totalmente precarizadas.

O portavoz municipal do BNG indicou que o comportamento do Goberno Local totalmente cómplice con todas estas decisión resulta ofensivo e esperpéntico

O BNG vai a seguir insistindo para que se cree unha empresa ferroviaria pública galega que sexa capaz de xestionar todas estas infraestruturas, co financiamento adecuado para poder facelo, para que os servizos se poidan adaptar as necesidades socio económicas da comarca porque as infraestruturas ferroviarias son básicas para poder desenvolver un contorno social tanto a nivel social como económico.

O BNG acusa ao Goberno Local de ser complice co desmantelamento dos servizos ferroviarios