O BNG contra o roubo de Defensa à cidade

acto contra o roubo de Defensa
acto contra o roubo de Defensa
O BNG contra o roubo de Defensa à cidade

 

Ferrol 22 de setembro de 2013.

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na mañá do domingo, 22 de setembro, un acto reivindicativo baixo o lema “Non ao roubo de Defensa” para esixir a cesión gratuita das instalacións militares desafectadas e censurar o roubo que supón para as arcas locais o novo convenio co ministerio anunciado polo goberno local.

Esta acción tivo lugar diante do edificio de Capitanía, un edificio infrautilizado por Defensa, igual que moitos que ten espallados pola nosa cidade e que se nega a ceder.

O BNG fai unha valoración do novo acordo co Ministerio de Defensa na que considera que este convenio supón un asalto ás arcas municipais coa colaboración deste Goberno Municipal do partido popular que esta a actuar como testaferro do Ministerio.

Para o BNG.este acordo, igual ao existente, contempla ademáis o pago de 500.000 €, pola inclusión de dúas parcelas máis (Monteventoso e a estación radio de Mandiá), e a maiores existe unha claúsula no convenio pola que o estado vai recibir un 50% das plusvalías que se produzan  polo cambio de usos das parcelas durante un espazo de tempo de 5 anos. Ista clausula afecta directamente ao futuro da estación radio derivada dos anuncios de modificación do Plan Xeral para o cambio de usos a solo industrial que significará o pago à Defensa do 50% das plusvalias que se xeren.

Desde o BNG consideramos que estamos ante un cambio no modelo de convenio que se até agora se limitaba a cesión de aproveitamentos urbanísticos mediante a posta en mercado das propiedades do Sánchez Aguilera e do cuartel de mariñeiria, coas súas respectivas modificacións do PXOM,que se manteñen, se introduce tamén agora o pago en metálico pola cesión duns terreos que debian revertir no concello de modo gratuito

O BNG quere reclamar a cesión gratuita dos bens desafectados de usos militares, así como o pago de contraprestacions económicas pola ocupación no termo municipal de máis do 20% de la superficie.