Novas
Acto de homenaxe a Rosalia de Castro

O BNG aposta por poñer en valor a figura de Rosalía e dignificar a praza que leva o seu nome.

Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, salientou que actos como este son necesarios para homenaxear a unha figura fundamental na construción do que somos como país. Definiu a Rosalia como unha figura galega, rebelde e universal e salientou tamén o carácter reivindicativo desta homenaxe polo feito de que un ano mais, por parte do goberno local, se esquece cales son as nosas referencias culturais
Ler novas
IMG_20210105_134558

O BNG pide o fin da cita previa no concello de Ferrol

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, afirmou que é hora de atender as demandas veciñais, abrir as portas do concello e dos edificios municipais á veciñanza que só buscan resolver trámites nesta administración. É inxustificábel que sigan existindo controis de acceso e limitacións á veciñanza en servizos municipais.
Ler novas
EN GALEGO

O BNG acusa o desprezo a nosa lingua no simposio “Apuntado ao Mar”

Maria do Mar López, concelleira do BNG, sinalou que unha vez máis temos que facer fincapé no desleixo á nosa lingua que fan as administracións organizadoras deste evento nomeadamente a presidencia da Deputación da Coruña e o noso concello que presta o teatro Jofre para desenvolvelo e onde comprobamos que a nosa lingua queda só enmarcada no nome da actividade.
Ler novas
Rúa Celso Emilio Ferreiro

O BNG propón mellorar a seguridade peonil na rúa Celso Emilio

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que se trata dunha vía que é utilizada por moitas persoas e considera que o goberno local ten que facer un esforzo por garantir a seguridade na mesma e advertir a todas as persoas e vehículos que se adentran na mesma que se trata dun vial habilitado como senda peonil.
Ler novas