O BNG propón que Ferrol se dote dunhas instalacións aptas para a práctica do Rugby

DSC_0012
O BNG con reprentastes do Club Rugby Ferrol

A iniciativa ten como obxectivo paliar as dificultades que ten o club de Rugby Ferrol para poder disputar os seus encontros  como local pola carencia dun terreo de xogo que cumpla cos requisitos de tamaño esixidos pola Federación e dotar à cidade dunhas instalacións para a práctica deste deporte.

O BNG propón que Ferrol se dote dunhas instalacións aptas para a práctica do Rugby

Ferrol 18 de febreiro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, e Cristobal Dobarro, presidente do Club de Rugby Ferrol ofreceron esta tarde unha rolda de prensa na que presentaron unha iniciativa que será debatida no vindeiro pleno municipal e que ten como obxectivo paliar as dificultades que está a ter este club para poder disputar os seus encontros pola carencia dun terreo de xogo que cumpla cos requisitos de tamaño esixidos para a actual categoria na que participan e para dotar a cidade dunhas instalacións para a practica deste deporte.

 

O BNG vai presentar unha moción que pretende resolver os problemas que ten o club de Rugby Ferrol. O BNG quere facilitar, que no momento actual, no que o club se está a xogar manter a categoría, os tres partidos que lles quedan por xogar como local os poida disputar na cidade de Ferrol, polo que solicitarán ao goberno local que autorice a este club a disputar estes encontros no campo que actualmente cumpre cos requisitos para acoller estes partidos como é o Estadio Municipal da Malata.

 

O BNG, tamén, incluirá na súa iniciativa unha proposta pensando na vindeira tempada, como é habilitar o campo de fútbol da Gándara, adpatandoo aos requerimentos e dimensións precisas para poder disputar a próxima tempada na cidade de Ferrol, utilizando ese campo e evitando as dificultades actuais que lle obrigan a xogar como local fóra da nosa cidade.

 

Xa por último o BNG presentará unha proposta cunha perspectiva a medio prazo e de futuro. Un camiño que teriamos que iniciar a traves dos orzamentos municipais do 2021 e que sería a construción dun campo de rugby na cidade. Un campo que se podería compatibilizar con outras disciplinas e que podería ter a súa ubicación ideal nos espazos próximos a contorna de FIMO, o estadio da Malata e ao complexo deportivo que se denvolve nese ambito da cidade. O BNG considera que está é unha infraestrutura necesaria para que moitas das disciplinas como o rugby que cada vez practican máis nenos e nenas, nesta cidade, conten cos recursos necesarios para poder facelo e compatibilizar ese novo campo de rugby coas actuais instalacións é unha necesidade para que isto poida ter unha viabilidade de futuro.

 

O obxectivo final é facer que un club como o Rugby Ferrol que actualmente ten unha presenza pública no resto do estado mediante os partidos que disputa non só centre a súa atención nesta competición senón que poidamos socializar unha actividade deportiva através da implementación de infraestruturas que lles permitan desenvolver estas actividades nos próximos meses e nos proximos anos.

Para o BNG cómpre atender e axudar a dinamizar un club que desenvolve unha actividade deportiva na que moitos e moitas nenas deste concello participan de maneira habitual, antes da pandemia contaban con algo máis de 170 fichas, e apostar pola diversidade deportiva de moitas destas disciplinas.

 

Cristobal Dobarro

 

Cristobal Dobarro quixo agradecer a sensibilidade do BNG polo Rugby e polo seu club mediante a presentación desta iniciativa.

Lembrou que o Rugby non deixa de ser un deporte minoritario e que polo tanto precisan do apoio de todas as institucións para poder facer realidade un proxecto no que se leva traballando durante bastantes anos na nosa cidade.

 

É precisamente froito dese traballo que nos atopamos que ese éxito non so no deportivo do primeiro equipo senón no desenvolvemento de todos os equipos de base con rapaces e rapazas, desde 6 anos ate o equipo de veteráns, fai necesario contar con infraestruturas axeitadas para que o noso club e o deporte do rugby en Ferrol poida seguir crecendo

 

Agradecemos moito esta proposta e agardamos que sexa unha proposta compartida polo resto de grupos municipais xa que o rugby é un deporte que está a crecer moito.

 

É un deporte que fomenta uns valores polos que paga a pena apostar, é un deporte que está pegando moi forte en Ferrol e para que siga medrando e poidamos seguir traballando desde abaixo arriba en todos os aspectos de formación, persoal, deportiva humana dos nosos xogadores especialmente das categorías de base precisamos ter estas infraestruturas.

 

Precisamos ter un campo a curto prazo para xogar en división de honra, este non é o ultimo obxectivo do club, xa que o mesmo é continuar crecendo e fomentando a practica do rugby en Ferrol.

 

Apostamos polo deporte de base e polo primeiro equipo como froito do traballo ben feito desde a formación e desde logo precisamos ter asegurada a posibilidade de continuar crecendo a longo e medio prazo e por iso o ideal seria contar con esa nova instalación que seria perfectamente compatible con outras practicas deportivas e que permitiría sen dubida darlle un grande pulo ao fomento deste deporte na cidade.

 

O BNG propón que Ferrol se dote dunhas instalacións aptas para a práctica do Rugby