O BNG pide ao goberno local que atenda os requerimentos da valedora sobre a Plataforma SAF Galiza

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG
O BNG pide ao goberno local que atenda os requerimentos da valedora sobre a Plataforma SAF Galiza

Ferrol 19 de febreiro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que atenda os requerimentos da valedora do pobo con respecto a situación actual do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e facilite a esta institución os documentos solicitados en nome da Plataforma SAF Galiza a respecto de garantir a protección deste colectivo de traballadoras.

María do Mar López, concelleira do BNG, amosou o seu malestar e disconformidade coa actitude obstruccionista do goberno local que non atende aos requerimentos da valedora do pobo. Sinala que a institución galega tense dirixido por terceira vez en poucos meses ao goberno local de Ferrol solicitando a información requerida. En concreto é unha queixa formulada pola plataforma SAF Gaiza na que precisaban información sobre as medidas e control que ten que desenvolver o concello para garantir tanto que as tarefas desenvoltas polas traballadoras sexan as que se corresponden co seu traballo, ao control para que as empresas concesionarias proporcionen as traballadoras o material adecuado, en concreto EPI’s para protexer as persoas usuarias do servizo, xeralmente vulnerables e as propias traballadoras, así como, tamén, o control dos contratos públicos do servizo, que terían de incluir ou prever claúsulas que garantan o emprego digno ou calquera outra mellora laboral.

O BNG sinala que a Valedora do pobo enviou o 16 de outubro un primeiro escrito solicitando as sete cidades galegas información dos problemas que expón a Plataforma, onde se lles daba un prazo de 15 días para dar resposta. Case un mes despois, 19 de novembro, volve a Valedora do Pobo solicitar os informes requeridos. Sobre esas datas o BNG solicitamos na comisión de Benestar que se lle dera resposta ao escrito da Valedora.

Con data desta semana, ao non obter resposta do concello de Ferrol a Valedora, volve pedir os informes pertinentes do servizo do SAF. E, como xa fixemos con anteridade, volvemos solicitar na comisión de Benestar de onte que se lle de cumprimento a este novo requerimento da Valedora, onde se lle recorda o concello o seu deber de colaborar.

O BNG celebra que este ano recaia o Galaradón do 8 M nas traballadoras servizo do SAF, un servizo que como xa se expón nas queixas da Plataforma SAF Galiza, corren o risco de estar sermpre nunhas condicións moi precarias, tanto pola falta de control que deben facer os concellos cun servizo esencial como é o SAF, como pola falta de garantías dunha estabilidade laboral, pero a actitude do goberno local debe ser outra e atender as demandas deste colectivo e dos requerimentos da Valedora do Pobo.

O SAF é un servizo que é o referente no tema dos coidados, que coidan das nosas para que outros podamos conciliar. Ademáis é preciso que a parte de dotalas das medidas de protección adecuadas deberian ser incluidas como colectivo prioritario no proceso de vacinación contra a covid. É por todo isto que estamos máis do que convencidos da necesidade de que este servizo se remunicipalice e deixe de estar en mans dunhas empresas externas, para darlles a esas traballadoras unha estabilidade laboral e non que estexan pasando cada certo tempo dunha empresa a outra, ou dunha restructuración que queira facer o goberno de turno: varios lotes ou un unico lote.

O BNG pide ao goberno local que atenda os requerimentos da valedora sobre a Plataforma SAF Galiza