O BNG esixe a Feixoo e Rey Varela que censuren as palabras do portavoz do PP en Pontevedra

IMG_20210105_134558
Iván Rivas
Para o BNG é intolerable que despois de ser o PP corresponsable xunto ao PSOE da situación de desmantelamento industrial da cidade,que o mesmo PP teña o atrevemento de rirse das consecuencias das decisións que tanto o PP como o PSOE teñen adoptado ao longo das últimas décadas desde o estado e desde a Xunta de Galiza.
O BNG esixe a Feixoo e Rey Varela que censuren as palabras do portavoz do PP en Pontevedra
Ferrol 4 de marzo de 2021. O Bloque Nacionalista Gaego de Ferrol diante das afirmacións feitas polo portavoz do PP de Pontevedra en relación coa nosa cidade, esixe ao presidente da Xunta e ao portavoz Popular na cidade unha censura e condena explícita das descalificacións feitas polo seu compañeiro de partido.



Para o BNG é intolerable que despois de ser o PP corresponsable xunto ao PSOE da situación de desmantelamento industrial da cidade,que o mesmo PP teña o atrevemento de rirse das consecuencias das decisións que tanto o PP como o PSOE teñen adoptado ao longo das últimas décadas desde o estado e desde a Xunta de Galiza.



Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, afirmou que: “semella que entre todos a mataron e Ferrol soa morreu sen que agora ninguén non só non se faga responsable de nada senón que non propoñan nada diferente.”



“Vai sendo hora de romper coa inercia de todos estes anos deixandose levar polas decisións que toman outros desde Madrid e Santiago”, polo que Iván Rivas pediu ao Alcalde da cidade un pouco de autocrítica e asumir a corresponsabilidade do seu partido político na actual situación da cidade.
O BNG esixe a Feixoo e Rey Varela que censuren as palabras do portavoz do PP en Pontevedra