O MINISTERIO DE DEFENSA ELUDE PAGAR OS TRIBUTOS NA CIDADE

O BNG demanda unha solución política as sentenzas do IBI de Navantia

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG

O BNG considera preciso afrontar dunha vez o problema estrutural de falla de ingresos produto da ocupación pr parte do Ministerio de Defensa de máis do 20% do solo urbano de Ferrol desde unha perspectiva política e non xudicial.

O BNG demanda unha solución política as sentenzas do IBI de Navantia

Ferrol 6 de outubro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante da nova sentenza do Tribunal Supremo relativa ao pago do IBI por parte de Navantia no concello de Ferrol considera necesario que se afronte dunha vez o problema estrutural de ingresos produto da ocupación pr parte do Ministerio de Defensa de máis do 20% do solo urbano do concello desde unha perspectiva política e non xudicial.

 

As reiteradas sentenzas, unhas nun senso e outras no contrario, demostran que o problema de fondo está no marco legal gravemente perxudicial para os intereses da cidade. Un marco legal de hai 40 anos e que exime ao Estado de pagar os tributos que deberian aboar ao concello por ocupar unha importante cantidade de solo na cidade. Por tanto a única solución a esta situación é política

 

Este marco legal supón para a cidade de Ferrol unha eiva estrutural e a perda de ingresos anuais que como mínimo superan o millón de euros, tal e como se cuantificaron no único informe ao respecto, datado en outubro de 2020 pola concellería de Facenda e patrimonio, en 11263.525,69 €

 

Neste senso o portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, instou ao alcalde da cidade a enfrontar dunha vez esta situación desde unha perspectiva política que lle dea solución. Instouno à elaboración dun informe actualizado da perda de ingresos que supón para o concello a actual situación, a esixir do Estado o pago dunha compensación, a incorporar nos orzamentos do estado, co obxecto de paliar esta perda de ingresos municipais mentres non se modifica o marco legal e a esixirlle ao goberno do estado a modificación do marco legal, de máis de 40 anos, que avala esta situación discriminatoria para coa nosa cidade.

O BNG demanda unha solución política as sentenzas do IBI de Navantia