O BNG asume a moción da CIG de apoio à ILP de creación de emprego para que sexa debatida no Pleno

O BNG asume a moción da CIG de apoio à ILP de creación de emprego para que sexa debatida no Pleno

Ferrol, 24 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol expresou o apoio do BNG á proposición de lei impulsada pola CIG que inclúe múltiples medidas para crear emprego e anunciou que a Moción presentada por este sindicato, pedindo o apoio do Concello a esta iniciativa, será asumida polo noso grupo para que sexa debatida no Pleno de fin de mes que se celebra o vindeiro xoves. 2014 01 23 InicioExplicacionILPSinaturas01.thumbnail

Desde o BNG apoiamos a ILP da CIG porque cómpre provocar a reacción das administracións á vista de como dia a día se destrúen postos de traballo. Neste sentido o BNG lembra que a nosa cidade está a sufrir os efectos dun proceso de concentración do poder económico, produtivo e político que deriva na desertización de territorios como o noso e cuxas consecuencias directas son un acusado declive poboacional e unha taxa de paro do 32% nunha cidade na que só traballa 1/3 da poboación. Caldo de cultivo, en definitiva, para a emigración dunha mocidade preparada pero falta de expectativas e para o incremento da pobreza e a exclusión social.

O BNG considera que nestes momentos a nosa alternativa pasa pola defensa a ultranza do sector naval, para o que posuimos os medios e a capacidade de nos desenvolver no presente e no futuro, polo que esta loita, nestes momentos, non é só unha cuestión sindical, senón que estamos diante dunha cuestión de supervivencia social, ademáis de ter que servir como elemento dinamizador de cara a ampliación e diversificación industrial.

Con respecto ao principal sector produtivo da cidade, o sector naval, no que logo de mais de 30 anos desde que o goberno do estado decidiu o seu desmantelamento a cambio de que outros estados da Unión Europea puideran desenvolver este sector produtivo estamos diante da súa fase final, e  mediante informacións contraditorías e terxiversacións permanentes, o goberno municipal non toma ningún tipo de decisión.

Para o BNG as nosas capacidades baten con decisións políticas que, como no caso do naval, levan ao progresivo desmantelamento do principal sector estratéxico da economía comarcal. O estaleiro de Fene permanece practicamente pechado polo inxusto veto á construción naval civil e Navantia Ferrol, sen carga de traballo, e limitada tamén por estes acordos políticos, perdeu máis de 2300 empregos no último ano.

O desemprego, o peche de empresas, a redución de salarios, o aumento dos impostos e a apropiación dos nosos aforros para concentrar todavía máis o poder económico. As chamadas medidas de austeridade para reducir o déficit na práctica acaban traducíndose nun aumento do défict e da débeda, porque ese exceso de austeridade estrangula o consumo interno, cae en picado a produción e o emprego, de xeito que cae tamén a recadación pública.

O BNG asume a moción da CIG de apoio à ILP de creación de emprego para que sexa debatida no Pleno