bng
Novas
DSC_0002

O BNG presenta alegacións a uns Orzamentos do Estado que discriminan a Galiza e a nosa comarca.

O BNG presentou enmendas valoradas en cerca170 millóns de euros para a comarca de Ferrolterra, entre as que destacan os 100 millóns para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral que teña a capacidade de actuar no ámbito da cosntrucción naval civil, Unha compensación á cidade de Ferrol pola ocupación de terreos polo Ministerio de Defensa, a rexeneración da ría, a transformación da rede de saneamento de Ferrol nun sistema separativo ou a mellora da liña ferrea que une Ferrol con  A Coruña e con Ribadeo.
Ler novas
Novas

O BNG pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para os hosteleiros e autonomos afectados polas restriccions

O BNG considera urxente que desde o goberno local se decrete de maneira inmediata a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento como se fixo no mes de marzo. Hai locais que están pechados e se lles segue cobrando estas taxas como se estiveran a pleno funcionamento o que se ten convertido nunha auténtica lousa económica para os propietarios destes estabelecementos.
Ler novas
Novas

O BNG pide ao goberno local e à Xunta medidas con carácter imediato de apoio á hostalaría

Para o BNG a administración local debería deixar sen efecto e suspender, con carácter automático, todos aqueles tributos municipais que gravan a actividade destes locais, a empezar pola ocupación do espazo publico para a ocupación de terrazas que xa non poderán habilitar e a continuar co suspensión das taxas de auga, lixo, depuración e saneamento que se xestionan desde o concello de Ferrol.
Ler novas
Novas

O BNG considera inaceptábel que os actos de homenaxe a Carvalho Calero non se realicen en Ferrol

Iván Rivas cualificou estes feitos como unha decisión inaceptábel e sinalou que resulta evidente que dada a situación sanitaria provocada pola covid-19 non se poden desenvolver estes actos, nin nestes dias nin ao longo dos próximos meses, e que o lóxico é que o ano Carvalho Calero prolongue a súa celebración ao ano 2021 tal e como reivindicou unanimemente o pleno do concello de Ferrol.
Ler novas
Novas
IMG_20201026_151230

O BNG presenta unha moción de apoio aos traballadores de parques e xardíns e pide a remunicipalización do servizo

O BNG considera preciso reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que, externalizar os servizos, cada vez nos está a custar máis diñeiro e está a supoñer unha precarización dos mesmos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros.
Ler novas