26M: a revolución dos caraveis

26M: a revolución dos caraveis

O resultado das eleccións xerais podemos extraer dúas conclusións respecto do que acontecerá en menos dun mes na cidade. A primeira é que o PP non ten ningunha posibilidade de recuperar a Alcaldía. Respecto de 2016 perdeu un 14% do seu voto e por tanto o seu resultado nas eleccións locais será peor que en 2015 aínda que en maio incremente o porcentaxe de voto respecto a onte. Ademais C´s e Vox disputaranse unicamente un concelleiro ou concelleira de 25, vistas as porcentaxes de voto do domingo. Tanto C´s como Vox teñen o seu teito electoral nas eleccións xerais moi por riba do das locais, como xa aconteceu nas anteriores eleccións municipais. É dicir, a posibilidade de que poidan formar un goberno xunto ao PP esvaeceuse e a maioría absoluta é imposible para ninguén.
A segunda conclusión é que inevitablemente Ferrol contará cun goberno de coalición e tendo en conta que o BNG duplicou o resultado das anteriores eleccións e que o seu comportamento nas locais de 2015 superou con moito o das xerais, existen dúas opcións de goberno: A revolucionaria alternativa de caraveis ferroláns dirixida ou cunha determinante presenza do BNG e a opción continuísta dirixida por FeC ou o PSOE. Así que entre o caravel e a rosa, que Ferrol escolla.

26M: a revolución dos caraveis