Imprimir

Encontro aberto para presentar o proceso “ADIANTE” en Ferrol

BNG de Ferrol | 14 de abril de 2016

convite acto Adianteconvite acto AdianteFerrol 14 de abril de 2016. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este sábado, 16 de abril, às 12 horas na galería Sargadelos, un Encontro Aberto para presentar o “ Proceso Adiante”

O Proceso Adiante nace do acordo na XV Asemblea Nacional do BNG de iniciar un proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Pretende sumar homes e mulleres que sen ser membros da organización comparten connosco a necesidade de dispormos dunha expresión política propia.

A Portavoz nacional do BNG Ana Pontón, canda ao Portavoz municipal Iván Rivas e o Responsábel Local Carlos Outeiro, presentarán este foro de análise e reflexión posto en marcha coa finalidade de actualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista galego mediante un proceso de debate aberto encamiñado a ofrecer á sociedade un proxecto político sólido, con maior capacidade de incidencia social e de transformar positivamente o noso país en proveito da súa xente.

Desde o BNG procuramos con este debate aberto realizar unha reflexión transversal sobre a necesidade de forzas políticas propias como alternativa política para este país. Faremos unha radiografía da Galiza de hoxe para actualizar as nosas principais análises e diagnoses sobre a situación económica, política, social, lingüística ou cultural.

Así mesmo, recolleremos propostas sobre melloras na estratexia política do nacionalismo galego; revisaremos cales deben ser as principais ideas que debemos comunicar e como debemos facelo. Mesmo estará en debate a estrutura do BNG na procura do modelo organizativo máis útil para defender os intereses galegos nas vindeiras décadas.

Podes ter máis informaión sobre este proceso na seguinte ligazón:

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/encontro-aberto-presentar-proceso-adiante-ferrol/20160414191409000904.html


© 2019 BNG de Ferrol

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal