O BNG mobilízase contra o roubo de Defensa

imaxe de Monteventoso
O BNG mobilízase contra o roubo de Defensa

Ferrol 1 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvoverá o vindeiro sábado, 3 de agosto, un acto reivindicativo baixo o lema “Monteventoso é do pobo. Non ao roubo de Defensa” para esixir a cesión gratuita das instalacións militares desafectadas e censurar o roubo que supón para as arcas locais o novo convenio co ministerio anunciado polo goberno local.

Esta acción terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto pola mañá e consistirá nunha caravana automovilística até os pes do abandonado observatorio metereolóxico de Monteventoso onde se celebrará un acto político coa intervención do portavoz municipal do BNG, Iván Rivas.

Como se lembrará o BNG na valoración que fai do novo acordo co Ministerio de Defensa considera que este novo convenio vai supor un roubo as arcas municipais coa colaboración deste Goberno Municipal do partido popular que esta a actuar como testaferro do Ministerio

Para o BNG.este acordo, igual ao existente, contempla ademáis o pago de 500.000 €, pola inclusión de dúas parcelas máis (Monteventoso e a estación radio de Mandiá), e a maiores existe unha claúsula no convenio pola que o estado vai recibir un 50% das plusvalías que se produzan  polo cambio de usos das parcelas durante un espazo de tempo de 5 anos. Ista clausula afecta directamente ao futuro da estación radio derivada dos anuncios de modificación do Plan Xeral para o cambio de usos a solo industrial que significará o pago à Defensa do 50% das plusvalias que se xeren.

Desde  o BNG consideramos que estmaos ante un cambio no  modelo de convenio que se até agora se limitaba a cesión de aproveitamentos urbanísticos mediante a posta en mercado das propiedades do Sánchez Aguilera e do cuartel de mariñeiria, coas súas respectivas modificacións do PXOM,que se manteñen, se introduce tamén agora o pago en metálico pola cesión duns terreos que debian revertir no concello de modo gratuito.

O BNG mobilízase contra o roubo de Defensa