O BNG censura que o alcalde non execute o acordo plenario sobre la tumba de Franco

Que nos devolvan o roubado FNC
O BNG censura que o alcalde non execute o acordo plenario sobre la tumba de Franco

Ferrol 30 de outubro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lembra que os ferroláns e as ferrolás todavía están a agardar a que o goberno local de Jorge Suárez dea cumprimento ao acordo plenario de proceder á expropiación da tumba, que lle foi regalada a Franco, por ir contra a lei de memoria histórica e por hixiene democrática.


Precisamente cando o goberno central négase a que os restos do ditador vaian para a Catedral da Almudena para evitar que se convirta nun lugar de peregrinaxe. A fundación Francisco Franco, que nada ten que exixir a este concello e menos respecto dos acordos que adopta o pleno municipal demanda que se lle facilite toda a información ao respecto cando os familiares do ditador non pagan os tributos municipais.

E todo isto mentres o goberno local segue a afirmar que os familiares teñen dereito a un trato digno e insta a regularizar a súa situación, incumprindo os acordos plenarios e mantendo aberta a posibilidade de que estes restos poidan recalar en Ferrol.

O BNG censura que o alcalde non execute o acordo plenario sobre la tumba de Franco