O BNG insta à Xunta a mellorar o convenio con ASPANEPS

O BNG insta à Xunta a mellorar o convenio con ASPANEPS

Ferrol 16 de outubro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego na que se interesa pola situación do convenio existente entre o SERGAS e ASPANEPS ( Asociación de Pais de nenos con problemas Psicosociais) para desenvolver o Programa de Saúde Mental Infanto- Xuvenil da Xerencia Integrada de Ferrol co obxectivo de que se mellore a dotación económica deste convenio.

O BNG na súa iniciativa parlamentar interpela à Xunta para coñecer se é consciente dos problemas que está a causar a redución económica que sufriu este convenio durante os últimos anos e as repercusións que ten sobre os profesionais desta entidade.

O BNG na súa iniciativa parlamentar dsinala que desde o ano 1991 a asociación ASPANEPS ( Asociación de Pais de nenos con problemas Psicosociais) desenvolve o Programa de Saúde mental Infanto Xuvenil do área sanitaria de Ferrol, hoxe Xerencia Integrada, de forma ininterrompida en virtude dun convenio que se renova anualmente de modo que é a Unidade de Saúde mental Infanto-Xuvenil de referencia para dita area e certamente o único servizo alleo á rede propia do Sergas que desenvolve esta labor en Galiza pero en estreita coordinación funcional cos dispositivos da mesma.

Asi mesmo indica que durante os últimos anos este convenio ven sufrindo unha serie de recortes económicos que afectan a este convenio. Así no ano 2010 produciuse un recorte do 5% no orzamento para este programa e se mantivo así tamén no 2011. No ano 2012 reduciuse o orzamento nun 10% máis e no ano 2013 outro 10% máis. Así chegase ao ano 2014 no que se mantén esta redución orzamentaria dun 25% que ten obrigado a esta entidade a desenvolver un ERE con graves prexuizos para os profesionais desta entidade e que podería chegar a afectar aos servizos que veñen desenvolvendo.10629818_517940105009307_7013523018170190489_n

O BNG insta à Xunta a mellorar o convenio con ASPANEPS