Imprimir

O BNG DE FERROL RENOVOU O SEU CONSELLO LOCAL

BNG de Ferrol | 17 de marzo de 2016

Ferrol 17de abril de 2016. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol procedeu a renovar a súa dirección local nunha asemblea celebrada o pasado martes, un proceso enmarcado na XV Asemblea Nacional da formación, e do que saiu eleito como responsábel local Carlos Outeiro Baamonde.

Ademais de carlos Outeiro o novo Consello Local do BNG estara formado por Roberto Montero (Vice-Responsábel), Eva Espiñeira, Iván Rivas, Dolores Prieto, Ramón Fernández, Xoán Xosé Lourenzo, Pedro Fernández, Luisa Sánchez, Ladislau Rodríguez, Elia Rico, Miguel Anjo González, Iolanda Gómis.

Desde o BNG sinala que co impulso da recente Asemblea Nacional, en breve abriremos à sociedade o proceso de refundación, de adaptación da organización ás necesidades actuais do obxectivo de sempre, sermos útiles a Galiza.

Nesta asemblea, tamén se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nível local nos vindeiros meses e resaltouse a importancia política do traballo do BNG resaltando que os debates sobre os problemas estruturais da nosa localidade están presentes cando son formulados pola nosa organización.

Carlos Outeiro

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-ferrol-renovou-seu-consello-local/20160317174356000903.html


© 2019 BNG de Ferrol

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal